Adherirse Máis información
ASINA: BREAK THE CHAINS
QUE?
Unha campaña de recollida de sinaturas contra o uso de medidas punitivas, encadeamento, pechamento e similares en persoas con problemas de saúde mental.
QUEN?
Son miles xs afectadxs por esta práctica que afecta a persoas con problemas de saúde mental en máis de 60 países de todos os continentes. A campaña Break the chains é lanzada pola ONG Humans Rights Watch.
COMO?
A través dun formulario de sinaturas para darlle visibilidade a este problema.
ONDE?
O problema é global. Existen casos en todos os continentes, en máis de 60 países, que inclúen: Afganistán, Burkina Faso, Cambodia, China, Ghana, Indonesia, Quenia, Liberia, México, Mozambique, Nixeria, Serra Leoa, Palestina, o estado autoproclamado independente de Somalilandia, Sudán do Sur e Iemen. A campaña de recollida de sinaturas ten lugar na web de Humans Rights Watch.
CANDO?
Desde agora até conseguir o obxectivo, actualmente marcado en 20.000 sinaturas.
CANTO?
O obxectivo marcado son 20.000 firmas, aínda que este pode incrementarse.
POR QUE?
Centos de miles de persoas con problemas de saúde mental son encadeadas en todo o mundo, segundo un informe de Human Rights Watch. Persoas con algunha condición relacionada coa saúde mental son encadeadas ou encerradas en espazos confinados durante semanas, meses e mesmo anos nuns 60 países de Asia, África, Europa, Oriente Medio e as Américas.
A pesar dos avances en varios países respecto á atención á saúde mental, os encadeamentos continúan sendo un problema en gran parte oculto. Non hai datos nin esforzos internacionais ou rexionais coordinados para erradicar as cadeas. Esta práctica brutal e anti-científica debe ser erradicada por atentar contra os Dereitos Humanos.