Acabar co Réxime do 78, construír unha democracia popular
O estado español, como sucede en todo occidente, caracterízase por vivir un momento de fortes tensións sociais debido ao desmantelamento do estado do benestar. Se ben débese ter en conta que o estado español conta cunhas características propias que esganan o sistema democrático, pois conta cunha arquitectura institucional deseñada para preservar o statu quo herdado do franquismo baixo unha aparencia de normalidade constitucional. O réxime do 78, como popularmente se coñece a este sistema, e a totalidade dos seus actores … Ler máis

