Bella Ciao: o agasallo antifascista do pobo italiano para o mundo
with Non hai comentarios

A canción “Bella Ciao” é un himno popular italiano de autoría anónima, transmitido durante anos a través da tradición oral nas rexións do norte de Italia. A súa orixe exacta é incerta, mais converteuse nun símbolo cultural da resistencia antifascista amplamente recoñecido a nivel internacional. As primeiras raíces poden situarse na segunda metade do século XIX, vinculadas ás “mondine”, traballadoras dos arrozais do Val do Po. Estas mulleres empregaban cantos de protesta para denunciar as duras condicións laborais: xornadas extenuantes, … Ler máis

O fascismo. Un matón fillo do capitalismo (I). Orixe do concepto.
with Non hai comentarios

O termo “fascismo” provén do latín “fasces”, que designaba na antiga Roma un feixe de varas atado ao redor dunha machada. Este símbolo representaba a autoridade e o poder dos maxistrados para castigar a cidadanía, así como a forza que nace da unidade: unha vara rómpese con facilidade, pero un feixe de varas resulta inquebrantábel. O italiano “fascio” (feixe) deu nome aos “Fasci di Combattimento” que Benito Mussolini fundou en Milán o 23 de marzo de 1919, recuperando deliberadamente ese … Ler máis

Do taboleiro á praza: o valor pedagóxico dos xogos de mesa cooperativos
with Non hai comentarios

O lecer non é un territorio neutral. Desde comezos do século XX, os xogos de mesa funcionaron como espazo de disputa ideolóxica, no que se modelan comportamentos económicos e sociais. A actual corrente de xogos de resistencia recupera unha tradición esquecida: empregar dados e cartas non para acumular capital ficticio, senón para construír imaxinarios sociais (é dicir, formas de organizar e interpretar a realidade) baseados no ben común e na solidariedade. A orixe deste movemento atópase no traballo da deseñadora … Ler máis

“La hora robada”: o documental que denuncia o impacto do turismo en Gran Canaria
with Non hai comentarios

A Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) estrea o documental “La hora robada. Turismo, neocolonialismo e desarraigamento en Gran Canaria”, unha obra audiovisual que analiza as consecuencias sociais e territoriais do modelo turístico actual na illa. A peza, de 35 minutos, xorde no marco do curso “Comunicar para o cambio” e implicou o desprazamento dun equipo de cinco realizadoras a Gran Canaria durante cinco semanas. O proxecto naceu coa intención de abordar as rutas migratorias cara ás … Ler máis

O lado escuro do turismo: a crise da vivenda en Mallorca
with Non hai comentarios

🔗https://www.youtube.com/watch?v=SBxQbU2VLWY O documental “El lado oscuro del turismo: la crisis de la vivienda en Mallorca” (2024), emitido dentro do programa “ARTE Regards” da canle cultural europea ARTE, analiza o impacto do turismo no acceso á vivenda na illa. A peza, titulada orixinalmente en alemán “Re: Wohnungsnot auf Mallorca”, emitiuse o 19 de decembro de 2024 e permanece dispoñible na mediateca de ARTE ata o 17 de decembro de 2025. A reportaxe combina datos económicos con testemuños de residentes afectados pola … Ler máis

Municipalismo libertario: as bases da democracia directa e a autoxestión comunal
with Non hai comentarios

O municipalismo libertario é unha proposta política e social desenvolvida fundamentalmente polo pensador estadounidense Murray Bookchin a partir dos anos oitenta. Esta corrente de pensamento, inscrita dentro da ecoloxía social, parte da premisa de que a escala humana e a proximidade son condicións indispensables para unha xestión verdadeiramente democrática da vida pública. Fronte á concentración do poder nos grandes estados e na burocracia, o municipalismo libertario propón recuperar a capacidade de decisión nos espazos máis inmediatos: os barrios e as … Ler máis

A estratexia dos fondos buitre: da compra masiva de vivendas ao acoso inmobiliario no Estado español
with Non hai comentarios

Na última década, o mercado da vivenda no Estado español experimentou unha fonda transformación coa entrada masiva dos denominados fondos de investimento, coñecidos popularmente como “fondos buitre”. A súa estratexia consistiu en adquirir carteiras enteiras de inmobles a prezos reducidos, aproveitando a crise financeira e as privatizacións de parques públicos de vivendas . Un exemplo salientable foi a venda en 2013 de case 1.900 vivendas de protección oficial do Concello de Madrid ao fondo Blackstone, que foron revendidas posteriormente a un valor … Ler máis

Conceptos Clave. Violencia, vandalismo, terrorismo e non-violencia
with Non hai comentarios

A estrutura de poder ten buscado asociar historicamente a protesta e a disidencia coa violencia empregando diferentes conceptos como sinónimos entre si, equiparando así a violencia coa disidencia e a non-violencia cos procesos reformistas. Así pois distinguiranse a continuación cinco conceptos clave: Violencia. Enténdese por violencia o uso deliberado de forza física ou psicolóxica contra persoas, grupos ou comunidades coa intención de causar dano. Galtung distinguirá tres niveis: Violencia directa. Actos explícitos que implican accións que causan dano físico ou psicolóxico … Ler máis

XUSTIZA PARA THOMAS  SANKARA
with Non hai comentarios

O 11 de outubro de 2021, iniciábase  o xuízo polo asasinato do presidente Thomas  Sankara e doce membros do seu goberno que pretendia cambiar Burkina faso de raíz. Na primeira xornada a ausencia destacada foi a do principal acusado, Blaise Compaoré que accedeu á presidencia do país co golpe de estado no que se enmarcaron os asasinatos. Exiliado en Costa do Marfil en 2014, desde que foi desaloxado por unha insurreción rexeitou as peticións da xustiza  burkinesa de comparecer ante … Ler máis

INFORME CAMBIO CLIMÁTICO, UN FUTURO NEFASTO
with 1 comentario

O último informe de o Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC) elaborado pola ONU é contundente: hai que tomar medidas urxentes para limitar o quecemento global a 1,5º C, pola contra, a Terra verase exposta a numerosos impactos climáticos extremos1. Para logralo, é necesario que as emisións de gases de efecto invernadoiro a escala global redúzanse nun 43% antes de 20302. Aínda que se pon o foco nas medidas orientadas ás transicións no sector enerxético (como reducir … Ler máis

1 2 3 4 14