“Ocupar, resistir e producir”: The Take e o movemento de fábricas recuperadas
with Non hai comentarios

A crise económica arxentina de 2001 froito de dúas décadas de neoliberalismo salvaxe deixou ao país en ruínas. Desmantelouse o tecido industrial e privatizáronse empresas públicas. O corralito financeiro conxelou as contas, a fuga de capitais superou os 40.000 millóns de dólares e as fábricas pecharon as súas portas nunha sucesión de despedimentos masivos empobrecendo á poboación. Neste contexto de crise e corrupción política dase tamén unha vaga de solidariedade na que persoas traballadoras de diferentes fábricas e empresas deciden … Ler máis

Watergate: espionaxe política e impunidade do poder
with Non hai comentarios

O 8 de agosto de 1974, hai hoxe 51 anos, o presidente dos Estados Unidos de América, Richard Nixon, anunciaba nun discurso televisado desde a Oficina Oval a úa renuncia ao cargo, adiantándose ao proceso de impeachment. Foi o primeiro presidente na historia dese país en dar ese paso, e o motivo foi o escándalo coñecido como Watergate, o famoso caso de espionaxe política que puxo enriba da mesa o funcionamento do que se supuña unha democracia e sacudiu os … Ler máis

Hiroshima: nun mundo que se rearma, 81 anos do bombardeo de Estados Unidos a Xapón
with Non hai comentarios

Mentres numerosos países e rexións sentan hoxe no Parque da Paz de Hiroshima para asistir á cerimonia conmemorativa do 81 aniversario de que os Estados Unidos de América lanzaran contra eles a bomba atómica, os países con armamento nuclear seguen modernizando os seus arsenais. O récord de participación, que supera as 120 delegacións do ano pasado, contrasta coa parálise do desarme internacional. Os “hibakusha”, os sobreviventes que cada ano ven diminuír as súas filas, asisten a unha cerimonia onde o … Ler máis

Bertolt Brecht – Ás xeracións futuras
with Non hai comentarios

I Certamente, vivo en tempos sombríos. A palabra inxenua é insensata. Unha fronte lisa revela insensibilidade. Aquel que ri é que non oíu aínda a noticia terrible, aínda non lla achegaron. Que tempos estes nos que falar de árbores é case un crime porque supón calar sobre tantas aldraxes! Aquel home que vai tranquilamente pola rúa, atoparano os seus amigos cando o necesiten? É certo que aínda gaño a vida. Mais, crédeme, é pura casualidade. Nada do que fago me … Ler máis

A sabotaxe: acción directa e empoderamento contra o poder
with Non hai comentarios

Enténdese por sabotaxe a destrución deliberada de bens materiais ou a diminución intencionada do rendemento laboral co propósito de prexudicar unha empresa, un sistema económico ou unha estrutura de poder. A orixe da palabra, que se relaciona cunha folga de ferroviarios na Francia do ano 1910, que bloqueaban as vías do tren, apunta xa ao seu vínculo coa loita laboral. Foi empregada tamén polos luditas, traballadores téxtiles de Nottingham en campañas contra a maquinaria que substituía a súa forza de … Ler máis

Tonight We Riot, revolución multixogador en 8 bits
with Non hai comentarios

En 2020, nun contexto de crise sanitaria e de crecente desigualdade social, o estudo independente “Pixel Pushers Union 512” lanzou Tonight We Riot. Este videoxogo, descrito polos seus creadores como «un xogo sen disculpas socialista», propón unha fantasía revolucionaria na que a clase traballadora se organiza para derrocar o sistema capitalista. A obra, que se presentou como un “beat ‘em up” de desprazamento lateral con estética pixelada, xurdiu como unha resposta á saturación de narrativas conservadoras na industria do videoxogo. … Ler máis

Como saltarse “Chat Control” dende hoxe mesmo
with Non hai comentarios

Sen dúbida a lei europea coñecida como Chat Control que se quere impoñer na UE supón unha vulneración moi grave do dereito á privacidade, entre outros. É sobre todo perigosa polo que supón, polas intencións e porque senta un precedente xurídico que vai en contra da mesma democracia liberal que profesan as institucións europeas, convertendo a UE nunha democracia autoritaria; con Chat Control o voto deixaría de ser anónimo e secreto de facto, por exemplo. Mais a lei é só … Ler máis

Ciutat Morta: A noite que matou á verdade: montaxes policiais e consecuencias
with Non hai comentarios

A súa emisión converteuse nunha cita histórica: o 17 de xaneiro de 2015, preto de 569.000 espectadores (un 20% de cota) seguiron a historia do caso 4F, unha cifra desorbitada para o Canal 33. O documental percorrera festivais e centros sociais agora chegaba á cidadanía de xeito máis masivo. A expectación non era casual. Días antes, un xulgado de Barcelona ordenara cortar cinco minutos da longametraxe por considerar que vulneraban o dereito á honra dun ex-xefe policial. A censura xudicial … Ler máis

Xenebra, Suíza: contestación á cita anual do capitalismo global
with Non hai comentarios

  Mañá dá comezo o cumio anual no G7 en Évian-les-Bains, Francia. Os seus membros son Alemaña, Canadá, Francia, Italia, Xapón, o Reino Unido e os Estados Unidos de América, que no seu conxunto acugulan arredor do 60% da riqueza económica mundial. Reúnense cada ano para organizar a dirección capitalista do mundo, converténdose nunha ferramenta de militarización ao servizo de multinacionais. A xuntanza prodúcese nun contexto de profundas tensións xeopolíticas que dificultarán que as autoridades destes Estados poidan tan sequera … Ler máis

Os sete de Chicago: un xuízo contra a protesta
with Non hai comentarios

  Os sete de Chicago: un xuízo contra a protesta No verán de 1968, os Estados Unidos de América acolleron numerosas protestas contra a guerra de Vietnam que foron fortemente reprimidas. Algunhas sucederon en Chicago no mes de agosto, no marco da convención do Partido Demócrata para elixir a un novo candidato. Martin Luther King e Robert Kennedy foran asasinados e milleiros de manifestantes saían ás rúas para esixir a retirada das tropas norteamericanas de Viernam. A resposta policial deixou … Ler máis

1 2 3 4 5 18