Liderado e modelos de participación: do egoísmo á solidariedade
with Non hai comentarios

Desde ECOAR))) búscase unha participación solidaria. Para entendela cómpre coñecer os modelos que a preceden. O liderado, entendido como a función de quen leva o grupo cara aos seus obxectivos, inflúe en cal deles se consolida. Este artigo describe a gradación que vai do egoísmo ao altruísmo nos colectivos sociais. O modelo egoísta coloca o beneficio persoal no centro. A participación é instrumental: úsase o colectivo para obter vantaxes, reputación ou contactos. O liderado tende a ser transaccional e vertical. … Ler máis

Imperialismo. Evolución histórica: Breve repaso dende os imperios antigos ata o século XIX
with Non hai comentarios

A necesidade de comprender as formas de dominación que existiron ao longo da historia levou a definir en «Imperialismo. Definición de conceptos. Diferenzas entre imperio, imperialismo, colonialismo e neocolonialismo» varios conceptos clave, dando inicio a esta serie de artigos sobre o imperialismo. Nesta segunda entrada, realizarase un repaso histórico para coñecer os principais imperios que existiron ao longo da historia. Os primeiros imperios da historia xurdiron en Mesopotamia, co Imperio Acadio (ca. 2334–2154 a.e.c.), e algo máis tarde tamén en … Ler máis

“La cifra negra” dá voz ás vítimas da violencia institucional no Estado español
with Non hai comentarios

O documental La cifra negra de la violencia institucional, dirixido por Ales Payá, gañou o premio do público no 16º Festival de Cine e Dereitos Humanos de Donostia. A obra, producida en 2018 cun orzamento de 5.000 euros, afonda na vulneración dos dereitos humanos por parte de funcionarios públicos encargados da custodia de detidos e penados no Estado Español. A través dunha trintena de casos, o filme examina as condicións nas que se producen torturas e malos tratos, as barreiras … Ler máis

Federica Montseny. La dona que parla
with Non hai comentarios

A película “Federica Montseny, La dona que parla“, dirixida por Laura Mañá, recupera a memoria dunha das figuras máis relevantes do movemento libertario no Estado español durante a Segunda República e a Guerra Civil. Nunha época de progresiva perda de dereitos e de auxe do fascismo, resulta esencial lembrar figuras como a de Federica Montseny, que xogou un papel fundamental na loita pola emancipación social. Federica Montseny (1905-1994), filla dos tamén anarquistas Juan Montseny e Teresa Mañé, foi unha activista, … Ler máis

Gañar o relato! Manual para combater o discurso de ultradereita. (III). Cal é a psicoloxía das persoas de Ultradereita?
with Non hai comentarios

Este texto forma parte dos contidos que terá o primeiro libro de ECOAR))) e que sairá á venda a finais do presente ano 2026. Gañar o relato”! Manual para combater o discurso de ultradereita. A ultradereita é máis ca unha ideoloxía política. Detrás dos seus discursos, símbolos e rituais, existe unha estrutura psicolóxica profunda que conecta as vulnerabilidades individuais coas dinámicas colectivas. Comprender este perfil non é un proceso teórico senón un elemento central para poder facer fronte ao seu … Ler máis

Ciutat Morta: A noite que matou á verdade: montaxes policiais e consecuencias
with Non hai comentarios

A súa emisión converteuse nunha cita histórica: o 17 de xaneiro de 2015, preto de 569.000 espectadores (un 20% de cota) seguiron a historia do caso 4F, unha cifra desorbitada para o Canal 33. O documental percorrera festivais e centros sociais agora chegaba á cidadanía de xeito máis masivo. A expectación non era casual. Días antes, un xulgado de Barcelona ordenara cortar cinco minutos da longametraxe por considerar que vulneraban o dereito á honra dun ex-xefe policial. A censura xudicial … Ler máis

Xenebra, Suíza: contestación á cita anual do capitalismo global
with Non hai comentarios

  Mañá dá comezo o cumio anual no G7 en Évian-les-Bains, Francia. Os seus membros son Alemaña, Canadá, Francia, Italia, Xapón, o Reino Unido e os Estados Unidos de América, que no seu conxunto acugulan arredor do 60% da riqueza económica mundial. Reúnense cada ano para organizar a dirección capitalista do mundo, converténdose nunha ferramenta de militarización ao servizo de multinacionais. A xuntanza prodúcese nun contexto de profundas tensións xeopolíticas que dificultarán que as autoridades destes Estados poidan tan sequera … Ler máis

Os sete de Chicago: un xuízo contra a protesta
with Non hai comentarios

  Os sete de Chicago: un xuízo contra a protesta No verán de 1968, os Estados Unidos de América acolleron numerosas protestas contra a guerra de Vietnam que foron fortemente reprimidas. Algunhas sucederon en Chicago no mes de agosto, no marco da convención do Partido Demócrata para elixir a un novo candidato. Martin Luther King e Robert Kennedy foran asasinados e milleiros de manifestantes saían ás rúas para esixir a retirada das tropas norteamericanas de Viernam. A resposta policial deixou … Ler máis

“Tank Man”, o home que freou os tanques en Tiananmen
with Non hai comentarios

Tal día coma hoxe, mais en xuño de 1989, un día despois da forte represión militar das protestas da Praza de Tiananmen, un home anónimo colocouse diante dunha columna de tanques na avenida Chang’an, en Pequín. A escena foi fotografada por varios fotoxornalistas internacionais e converteuse nunha das imaxes máis recoñecibles do século XX. A fotografía do “Tank Man” pasou a simbolizar a acción directa non violenta e a resistencia civil fronte á forza militar. As protestas comezaran semanas antes … Ler máis

Tralo tomate: a viaxe pola desigualdade estrutural capitalista n‘A Ilha das Flores”
with Non hai comentarios

O nacemento, desenvolvemento e espallamento das grandes corporacións, que levan no seu ADN o desprezo polos dereitos humanos e polo medio ambiente, constitúe o motor que move o consumo actual. A curtametraxe ensaio/documental ‘Ilha das Flores’ (1989), dirixida polo cineasta brasileiro Jorge Furtado, materializa esta crítica a través do percorrido dun simple tomate ata un vertedoiro en Porto Alegre. En 13 minutos, a obra converte a cadea de produción, distribución e consumo nunha metáfora descarnada do capitalismo e das desigualdades … Ler máis

1 2