with Non hai comentarios

O documental La cifra negra de la violencia institucional, dirixido por Ales Payá, gañou o premio do público no 16º Festival de Cine e Dereitos Humanos de Donostia. A obra, producida en 2018 cun orzamento de 5.000 euros, afonda na vulneración dos dereitos humanos por parte de funcionarios públicos encargados da custodia de detidos e penados no Estado Español.

A través dunha trintena de casos, o filme examina as condicións nas que se producen torturas e malos tratos, as barreiras para denuncialos e as consecuencias tanto para as vítimas como para os infractores. Entre os casos analizados figuran os de Iñigo Cabacas, Unai Romano e Martxelo Otamendi.

O documental conta con testemuños de autoridades e expertos como a xuíza emérita e exalcaldesa de Madrid, Manuela Carmena; o exconselleiro vasco de Interior, Rodolfo Ares; o maxistrado Joaquim Bosch; e o síndico de Greuges, Rafael Ribó. Completan o relato voces de policías, avogados, activistas de dereitos humanos e actores como Willy Toledo, Isak Férriz e Gorka Lasaosa, que participan nas recreacións de feitos demostrados xudicialmente .

A obra xira arredor de cuestións fundamentais: “¿En que condicións se tortura no Estado Español? Por que custa tanto denuncialo? Que consecuencias ten para as vítimas e para quen vulneran a lei?”. La cifra negra da violencia institucional non só expón unha realidade incómoda, senón que pon en cuestión o propio Estado de dereito ao sinalar a impunidade que perpetúa estas violacións.