Acabar co Réxime do 78, construír unha democracia popular
with Non hai comentarios

O estado español, como sucede en todo occidente, caracterízase por vivir un momento de fortes tensións sociais debido ao desmantelamento do estado do benestar. Se ben débese ter en conta que o estado español conta cunhas características propias que esganan o sistema democrático, pois conta cunha arquitectura institucional deseñada para preservar o statu quo herdado do franquismo baixo unha aparencia de normalidade constitucional. O réxime do 78, como popularmente se coñece a este sistema, e a totalidade dos seus actores … Ler máis

11-N: Folga xeral. Fronte aos voitres, vivenda e dignidade!
with Non hai comentarios

Nunhas horas iniciamos a primeira folga en 14 anos! Non é unha folga calquera. É a primeira gran convocatoria unitaria en catorce anos que sitúa a vivenda no centro da disputa política e social. Nas últimas décadas a vivenda deixou de ser un dereito para converterse nun negocio. O aluguer por enriba dos 1500 euros ao mes ten practicamente copado o mercado, mentres o prezo da vivenda libre acadou no segundo trimestre de 2026 os 2.355 euros por metro cadrado, … Ler máis

O Imperialismo. Factores económicos
with Non hai comentarios

Entre 1870 e 1914, as potencias industriais europeas multiplicaron as súas posesións coloniais nun contexto de crise económica e competencia crecente. Detrás da retórica civilizadora, tres factores materiais explican este proceso: a procura de materias primas baratas, a necesidade de mercados para unha produción que excedía o consumo interno e a presión por colocar capital en economías periféricas con maiores rendementos. A expansión imperialista moderna non foi un fenómeno espontáneo nin exclusivamente político. O economista británico J. A. Hobson publicou … Ler máis

A derrota total do trumpismo, o nacemento dun novo ciclo político
with Non hai comentarios

A falta das verificacións definitivas os resultados das eleccións de medio mandato nos Estados Unidos representan unha derrota esmagadora e sen paliativos para Donald Trump e a súa axenda reaccionaria. A conquista demócrata da Cámara de Representantes e do Senado non é un simple axuste institucional, senón a fotografía dunha resposta popular masiva contra un Goberno claramente marcado pola brutalidade, tanto interna como en política exterior, a corrupción e un talante antidemocrático con tintes filofascistas. Se ben o resultado non … Ler máis

Midterms en EEUU. Trump xógase o Congreso nunhas eleccións que marcarán o futuro global
with Non hai comentarios

A horas do inicio das eleccións de medio mandato do 3 de novembro, a sociedade estadounidense atravesa un momento de máxima tensión. O presidente Donald Trump, que regresou á Casa Branca despois de gañar as eleccións en 2024 coa promesa dunha nova etapa de prosperidade e bonanza para Estados Unidos, enfróntase agora a un escenario no que os seus índices de aprobación se afunden e o seu propio partido comeza a amosar fisuras. O que estaba chamado a ser un … Ler máis

Que está a pasar en Francia?
with Non hai comentarios

Francia está a vivir un mes de mobilizacións masivas que están a poñer en xaque o Goberno de Macron. Ante a convocatoria dunha nova mobilización para este sábado 24 de outubro, o Goberno respondeu cunha deriva cada vez máis autoritaria: represión policial, toques de queda, intento de prohibir o uso das redes sociais e suspensión do dereito de manifestación, coa única excepción das convocatorias sindicais autorizadas. Todo comezou cos bloqueos estudantís en centros de ensino secundario de Mayotte e da … Ler máis

Moncho Reboiras, rebeldía obreira que o fascismo non calou
with Non hai comentarios

O 12 de agosto de 1975, fai hoxe 51 anos, o réxime fascista, xa en agonía pero tan sanguinario coma sempre, asasinaba a sangue frío unha das conciencias máis lúcidas da clase obreira galega. Franco morrería meses despois, pero Moncho Reboiras non chegaría a velo. Non pediu clemencia nin se agochou: enfrontou a ditadura coa ferramenta da organización sindical. A súa verdadeira subversión, alén da lenda armada, foi tecer o Sindicato Obreiro Galego (SOG) , embrión da actual CIG, unha … Ler máis

Watergate: espionaxe política e impunidade do poder
with Non hai comentarios

O 8 de agosto de 1974, hai hoxe 51 anos, o presidente dos Estados Unidos de América, Richard Nixon, anunciaba nun discurso televisado desde a Oficina Oval a úa renuncia ao cargo, adiantándose ao proceso de impeachment. Foi o primeiro presidente na historia dese país en dar ese paso, e o motivo foi o escándalo coñecido como Watergate, o famoso caso de espionaxe política que puxo enriba da mesa o funcionamento do que se supuña unha democracia e sacudiu os … Ler máis

Hiroshima: nun mundo que se rearma, 81 anos do bombardeo de Estados Unidos a Xapón
with Non hai comentarios

Mentres numerosos países e rexións sentan hoxe no Parque da Paz de Hiroshima para asistir á cerimonia conmemorativa do 81 aniversario de que os Estados Unidos de América lanzaran contra eles a bomba atómica, os países con armamento nuclear seguen modernizando os seus arsenais. O récord de participación, que supera as 120 delegacións do ano pasado, contrasta coa parálise do desarme internacional. Os “hibakusha”, os sobreviventes que cada ano ven diminuír as súas filas, asisten a unha cerimonia onde o … Ler máis

Como saltarse “Chat Control” dende hoxe mesmo
with 1 comentario

Sen dúbida a lei europea coñecida como Chat Control que se quere impoñer na UE supón unha vulneración moi grave do dereito á privacidade, entre outros. É sobre todo perigosa polo que supón, polas intencións e porque senta un precedente xurídico que vai en contra da mesma democracia liberal que profesan as institucións europeas, convertendo a UE nunha democracia autoritaria; con Chat Control o voto deixaría de ser anónimo e secreto de facto, por exemplo. Mais a lei é só … Ler máis

1 2 3 4 … 12