O humor político de Mafalda que o meme non sabe imitar
with Non hai comentarios

Mafalda cumpre 62 anos en 2026 mentres o humor político se dilúe en algoritmos. En setembro de 1964, a revista arxentina “Primera Plana” publicaba a primeira viñeta dunha nena de seis anos que odiaba a sopa e facía preguntas incómodas. Joaquín Salvador Lavado Tejón, coñecido como Quino, nacido en Mendoza en 1932, levaba anos vendendo debuxos sen moito éxito. Aquel personaxe converteuse nunha das voces críticas máis influentes da cultura latinoamericana. A tira naceu nun contexto de ditaduras militares, Guerra … Ler máis

Frostpunk: supervivencia extrema e o ecofascismo
with Non hai comentarios

Frostpunk é un videoxogo de estratexia e xestión social desenvolvido polo estudo polaco “11 bit studios”, lanzado en 2018 para PC e un ano despois para consolas. Ambientado nunha nova glaciación global que provocou o colapso das civilizacións, o xogador asume o papel de líder dun grupo de refuxiados que intenta sobrevivir na última cidade da Terra, Nova Londres. A proposta do xogo transcende a simple construción de cidades: trátase dunha simulación de xestión social onde cada decisión política ten … Ler máis

«No hay tanto pan» de Silvia Pérez Cruz. Unha canción para a crise da vivenda
with Non hai comentarios

Hai dez anos, en 2016, publicábase a canción «No hay tanto pan» que Silvia Pérez Cruz compuxo para a película «Cerca de tu casa», unha obra sobre os desafiuzamentos tras a crise financeira de 2008. Hoxe, poucos días despois do desafiuzamento de Maricarmen, nun momento no que a crise da vivenda é cada vez máis insostible, a canción segue a describir unha realidade que se mantén. A mensaxe da canción condensa a indignación ante un sistema que extrae beneficio da … Ler máis

“Ohio”: o berro desgarrador dunha nación contra a guerra
with Non hai comentarios

O 4 de maio de 1970, a Garda Nacional de Ohio abriu fogo durante trece segundos contra unha manifestación pacífica contra a invasión estadounidense de Camboxa na Universidade Estatal de Kent. A coñecida como Masacre de Kent saldouse con catro estudantes falecidxs e outrxs nove resultaron feridxs. A masacre desenvolveuse baixo a presidencia de Richard Nixon e provocou unha vaga de folgas estudantís que forzaron o peche de centos de universidades en todo o país. A indignación popular foi inmediata … Ler máis

“O xuízo dos 7 de Chicago”. A historia do xuízo que removeu o statu quo estadounidense
with Non hai comentarios

En outubro de 2020, en plena convulsión social e política, estreouse “O xuízo dos 7 de Chicago”, un filme que rapidamente destacou para a crítica e que contou con seis nominacións aos premios Óscar, incluída a mellor película. O realizador Aaron Sorkin, recolleu o testemuño dun proxecto que Steven Spielberg concibira máis dunha década antes e construíu unha alegoría trepidante sobre a xustiza e a disidencia nunha América dividida. A película, con Sacha Baron Cohen, Eddie Redmayne, Yahya Abdul-Mateen II, … Ler máis

“Ocupar, resistir e producir”: The Take e o movemento de fábricas recuperadas
with Non hai comentarios

A crise económica arxentina de 2001 froito de dúas décadas de neoliberalismo salvaxe deixou ao país en ruínas. Desmantelouse o tecido industrial e privatizáronse empresas públicas. O corralito financeiro conxelou as contas, a fuga de capitais superou os 40.000 millóns de dólares e as fábricas pecharon as súas portas nunha sucesión de despedimentos masivos empobrecendo á poboación. Neste contexto de crise e corrupción política dase tamén unha vaga de solidariedade na que persoas traballadoras de diferentes fábricas e empresas deciden … Ler máis

Bertolt Brecht – Ás xeracións futuras
with Non hai comentarios

I Certamente, vivo en tempos sombríos. A palabra inxenua é insensata. Unha fronte lisa revela insensibilidade. Aquel que ri é que non oíu aínda a noticia terrible, aínda non lla achegaron. Que tempos estes nos que falar de árbores é case un crime porque supón calar sobre tantas aldraxes! Aquel home que vai tranquilamente pola rúa, atoparano os seus amigos cando o necesiten? É certo que aínda gaño a vida. Mais, crédeme, é pura casualidade. Nada do que fago me … Ler máis

Tonight We Riot, revolución multixogador en 8 bits
with 1 comentario

En 2020, nun contexto de crise sanitaria e de crecente desigualdade social, o estudo independente “Pixel Pushers Union 512” lanzou Tonight We Riot. Este videoxogo, descrito polos seus creadores como «un xogo sen disculpas socialista», propón unha fantasía revolucionaria na que a clase traballadora se organiza para derrocar o sistema capitalista. A obra, que se presentou como un “beat ‘em up” de desprazamento lateral con estética pixelada, xurdiu como unha resposta á saturación de narrativas conservadoras na industria do videoxogo. … Ler máis

Ata agora todo vai ben: “La Haine”
with Non hai comentarios

Cando unha sociedade non quere ver a ferida, o mellor é filmar o pus. Mathieu Kassovitz, con só 27 anos, fixo iso en 1995: coller unha cámara en branco e negro e meterse no corazón das “banlieues” parisienses para devolverlle ao espectador unha imaxe incómoda, a dunha Francia que non se recoñecía nos seus propios arrabaldes. A película non naceu dun capricho estético, senón da indignación ante a morte de Makomé M’Bowole, un adolescente abatido pola policía en 1993. Aquel … Ler máis

“Non pasarán”, unha canción antifascista de Los Chikos del Maíz
with Non hai comentarios

Los Chikos del Maíz é un trío de rap político de orixe valenciano nas cuxas letras critican a monarquía, a extrema dereita e posturas reaccionarias ao tempo que chaman á organización e á loita social. Defínense como marxistas e antifascistas, e utilizan o humor ácido e as referencias da cultura pop nas súas cancións. Foron obxecto de varios intentos de censura e de cancelación de concertos, acusados por concellos de dereita por “enaltecemento do terrorismo”. O tema No pasarán pertence … Ler máis

1 2 3