“Ocupar, resistir e producir”: The Take e o movemento de fábricas recuperadas
with Non hai comentarios

A crise económica arxentina de 2001 froito de dúas décadas de neoliberalismo salvaxe deixou ao país en ruínas. Desmantelouse o tecido industrial e privatizáronse empresas públicas. O corralito financeiro conxelou as contas, a fuga de capitais superou os 40.000 millóns de dólares e as fábricas pecharon as súas portas nunha sucesión de despedimentos masivos empobrecendo á poboación. Neste contexto de crise e corrupción política dase tamén unha vaga de solidariedade na que persoas traballadoras de diferentes fábricas e empresas deciden … Ler máis