Do taboleiro á praza: o valor pedagóxico dos xogos de mesa cooperativos
with Non hai comentarios

O lecer non é un territorio neutral. Desde comezos do século XX, os xogos de mesa funcionaron como espazo de disputa ideolóxica, no que se modelan comportamentos económicos e sociais. A actual corrente de xogos de resistencia recupera unha tradición esquecida: empregar dados e cartas non para acumular capital ficticio, senón para construír imaxinarios sociais (é dicir, formas de organizar e interpretar a realidade) baseados no ben común e na solidariedade. A orixe deste movemento atópase no traballo da deseñadora … Ler máis

“La hora robada”: o documental que denuncia o impacto do turismo en Gran Canaria
with Non hai comentarios

A Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) estrea o documental “La hora robada. Turismo, neocolonialismo e desarraigamento en Gran Canaria”, unha obra audiovisual que analiza as consecuencias sociais e territoriais do modelo turístico actual na illa. A peza, de 35 minutos, xorde no marco do curso “Comunicar para o cambio” e implicou o desprazamento dun equipo de cinco realizadoras a Gran Canaria durante cinco semanas. O proxecto naceu coa intención de abordar as rutas migratorias cara ás … Ler máis

El futuro sobre plano: o cántico de Biznaga contra a especulación inmobiliaria
with Non hai comentarios

El futuro sobre plano (2004), da banda madrileña de punk rock Biznaga, é unha expresión de rabia fronte á grave crise inmobiliaria no Estado Español e un canto á mobilización social. A letra recolle a situación actual da vivenda no país: especulación financeira por fondos voitre, falta de vivenda social, xentrificación, turismo de masas, desafiuzamentos… pero tamén chama á disputa da cidade e a recuperar o dereito de habitala con dignidade. O videoclip combina imaxes de manifestacións e accións directas … Ler máis

A Estratexia do Caracol, película de 1993: enxeño e dignidade fronte aos desafiuzamentos
with Non hai comentarios

A Estratexia do Caracol (1993) é unha película colombiana dirixida por Sergio Cabrera e escrita por Humberto Dorado. É considerada por moitos críticos como a mellor película do cinema colombiano, e recibiu premios como os do Festival Internacional de Cinema de Berlín e o Festival de Cinema de Biarritz de América Latina. Baseada nunha historia de Ramón Jimeno, a película trata sobre unha comunidade de veciñxs dun edificio coñecido como A Casa Uribe que se enfronta a un desafiuzamento, nunha … Ler máis

O himno que converteu a unión do pobo nun berro mundial de resistencia
with Non hai comentarios

  A canción chilena que xurdiu antes do golpe de estado de Pinochet en 1973 e se espallou desde a Batalla de Seattle ata a Primavera Árabe En xuño de 1973, en Chile, a situación política era insostíbel. Marchas, cacerolazos e paros anticipaban un desenlace dramático. Nese contexto, o compositor Sergio Ortega reuniuse coa banda Quilapayún para cumprir un encargo do Comité Central do Partido Comunista: crear cancións que apoiaran o goberno da Unidade Popular de Salvador Allende. Entre un … Ler máis

The Corporation: o documental que diagnosticou ás corporacións de psicopatía
with Non hai comentarios

  The Corporation (2003) é un documental canadense dirixido por Mark Achbar e Jennifer Abbott, con guión de Joel Bakan, que analiza a natureza xurídica e ética das grandes corporacións. A obra formúlase arredor dunha hipótese provocadora: se as empresas son consideradas persoas xurídicas, que tipo de personalidade manifestan? A partir dos criterios do DSM-IV e das achegas do especialista Robert D. Hare, sostense que o comportamento estrutural da corporación moderna encaixa con trazos propios da psicopatía. O filme xorde … Ler máis

Atlas das Nações sem Estado na Europa: Cartografías de resistencia
with Non hai comentarios

  Ao cartografar as identidades sen soberanía, exhíbese unha cesura no relato uniformista dos estados-nación. Atlas de naciones sin Estado en Europa (2017), obra do investigador bretá Mikael Bodlore-Penlaez, cataloga con precisión xeopolítica os movementos indíxenas, nacionais e culturais que reivindican autonomía dende Euskadi ata Laponia. A través de mapas detallados e análises históricas, o libro decompón os mecanismos de homoxeneización cultural para visibilizar realidades como a dos sorabos en Alemaña ou os vénetos en Italia. O atlas resulta relevante … Ler máis

1 2