A nosa experiencia nas acampadas: dous meses despois
with Non hai comentarios

O 26 de setembro de 2026 marcou un antes e un despois na loita pola vivenda no Estado Español. A acampada de Sol foi o momento chave que daría paso á mobilización por todo o Estado e a unha folga xeral que non se convocaba desde 2012. As posteriores acampadas xurdidas en distintos puntos do territorio, incluíndo Portugal, foron exemplos de loita e organización, e puntos de encontro entre movementos. A continuación contámosvos as nosas experiencias nalgunhas destas acampadas. Experiencia … Ler máis

Que está a pasar en Francia?
with Non hai comentarios

Francia está a vivir un mes de mobilizacións masivas que están a poñer en xaque o Goberno de Macron. Ante a convocatoria dunha nova mobilización para este sábado 24 de outubro, o Goberno respondeu cunha deriva cada vez máis autoritaria: represión policial, toques de queda, intento de prohibir o uso das redes sociais e suspensión do dereito de manifestación, coa única excepción das convocatorias sindicais autorizadas. Todo comezou cos bloqueos estudantís en centros de ensino secundario de Mayotte e da … Ler máis

“O xuízo dos 7 de Chicago”. A historia do xuízo que removeu o statu quo estadounidense
with Non hai comentarios

En outubro de 2020, en plena convulsión social e política, estreouse “O xuízo dos 7 de Chicago”, un filme que rapidamente destacou para a crítica e que contou con seis nominacións aos premios Óscar, incluída a mellor película. O realizador Aaron Sorkin, recolleu o testemuño dun proxecto que Steven Spielberg concibira máis dunha década antes e construíu unha alegoría trepidante sobre a xustiza e a disidencia nunha América dividida. A película, con Sacha Baron Cohen, Eddie Redmayne, Yahya Abdul-Mateen II, … Ler máis

Conceptos Clave. A folga.
with Non hai comentarios

A folga é un instrumento de presión da clase traballadora tan antigo como a propia explotación laboral. A interrupción colectiva e temporal da actividade produtiva decidida polxs traballadorxs co fin de reivindicar mellores condicións laborais ou manifestar unha protesta fronte á empresa, é un mecanismo normalizado xa no imaxinario social colectivo. A historia da folga é unha crónica da loita da clase obreira pola súa dignidade, polos seus dereitos e por unha sociedade máis xusta. A primeira folga documentada da … Ler máis

Moncho Reboiras, rebeldía obreira que o fascismo non calou
with Non hai comentarios

O 12 de agosto de 1975, fai hoxe 51 anos, o réxime fascista, xa en agonía pero tan sanguinario coma sempre, asasinaba a sangue frío unha das conciencias máis lúcidas da clase obreira galega. Franco morrería meses despois, pero Moncho Reboiras non chegaría a velo. Non pediu clemencia nin se agochou: enfrontou a ditadura coa ferramenta da organización sindical. A súa verdadeira subversión, alén da lenda armada, foi tecer o Sindicato Obreiro Galego (SOG) , embrión da actual CIG, unha … Ler máis

“Ocupar, resistir e producir”: The Take e o movemento de fábricas recuperadas
with Non hai comentarios

A crise económica arxentina de 2001 froito de dúas décadas de neoliberalismo salvaxe deixou ao país en ruínas. Desmantelouse o tecido industrial e privatizáronse empresas públicas. O corralito financeiro conxelou as contas, a fuga de capitais superou os 40.000 millóns de dólares e as fábricas pecharon as súas portas nunha sucesión de despedimentos masivos empobrecendo á poboación. Neste contexto de crise e corrupción política dase tamén unha vaga de solidariedade na que persoas traballadoras de diferentes fábricas e empresas deciden … Ler máis

Conceptos Clave. A barricada.
with Non hai comentarios

As barricadas foron e son un elemento recorrente nos conflitos urbanos. É importante coñecer a súa orixe e o seu desenvolvemento para comprender a súa función histórica e actual. A barricada naceu en París no ano 1588 durante a Xornada das Barricadas, un episodio da oitava guerra de relixión en Francia. Os parisienses empregaron barricas (bocois) cheas de terra e pedras para bloquear as rúas e defendérense das tropas do rei Henrique III. Este sistema construtivo deu nome ao obxecto … Ler máis

Diaz: Non limpedes este sangue. Película sobre a memoria da violencia no cumio do G8 en Xénova
with Non hai comentarios

O filme “Diaz: Non limpedes este sangue” (2012), dirixido por Daniele Vicari, reconstrúe un episodio clave da memoria política recente europea: a represión policial durante o cumio do G8 en Xénova. Trátase dunha obra centrada na violencia institucional e na ocultación dos feitos ocorridos na Escola Armando Díaz. O contexto histórico sitúase en xullo de 2001, durante a contracime do G8 en Xénova, cando milleiros de persoas mobilizáronse contra o modelo neoliberal global. O asalto á escola na noite do … Ler máis

O fascismo. Un matón fillo do capitalismo (II). Acepcións do concepto.
with Non hai comentarios

O termo “fascismo” emprégase a miúdo de maneira xeral para describir comportamentos autoritarios, mais o seu significado académico require distinguir tres acepcións fundamentais. En primeiro lugar, refírese ao fenómeno histórico italiano; en segundo lugar, aos réximes autoritarios europeos do período de entreguerras; e, en terceiro lugar, a unha categoría analítica do autoritarismo aplicable a contextos máis amplos. Esta diferenciación é clave para evitar usos imprecisos do concepto. A primeira acepción identifica o fascismo co movemento político encabezado por Benito Mussolini … Ler máis

Imos comezar unha nova etapa e pensamos que ti podías axudarnos!!
with Non hai comentarios

Estamos a iniciar un proceso de análise en ECOAR))) a través do que esperamos poder ter claras as principais liñas sobre as que se vai construír o proxecto durante a vindeira década. Para poder levar adiante este proceso gustaríanos poder contar co maior número de voces e olladas. E aí entras ti!! Por que é importante que participes? Pois porque cremos fondamente en que cada un e cada unha de nós achega unha ollada que non temos o resto. Porque … Ler máis

1 2