Imos comezar unha nova etapa e pensamos que ti podías axudarnos!!
with Non hai comentarios

Estamos a iniciar un proceso de análise en ECOAR))) a través do que esperamos poder ter claras as principais liñas sobre as que se vai construír o proxecto durante a vindeira década. Para poder levar adiante este proceso gustaríanos poder contar co maior número de voces e olladas. E aí entras ti!!

Por que é importante que participes? Pois porque cremos fondamente en que cada un e cada unha de nós achega unha ollada que non temos o resto. Porque queremos ser máis fortes e ter maior impacto e cantas máis voces se sumen, máis nos achega a ese obxectivo. Pero sobre todo, porque temos o convencemento de que para crear resposta social é importante ter unha análise o máis plural e diversa posible.

E como che pedimos que nos axudes? Pois simplemente tes que encher a enquisa que deixamos aquí abaixo respondendo ás preguntas do xeito máis preciso posible!

Enquisa 👉 https://url.ecoarglobal.org/enquisa

Que máis podes facer? Pódeste unir como socix ou participar como activista!! Novos retos cada vez máis esixentes obrígannos a ser cada día máis fortes!! E aí esperamos que ti achegues a túa forza!!

Ninguén o fará por nós!!

Vémonos nas rúas!!