Adherirse Máis información

ASINA: CONTRA A INACCIÓN CLIMÁTICA DE ESPAÑA

QUE?

Con estas sinaturas búscase que a cidadanía se adhira ao primeiro proceso xudicial pola inacción ante o cambio climático.

QUEN?

O proceso xudicial foi iniciado por Intermón Oxfam, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace.

COMO?

Tanto Ecoloxistas en Acción como Greenpeace recollen sinaturas como outro modo de evidenciar a esixencia cidadá sobre a emerxencia climática. As adhesións cidadás incluiranse na documentación que se entregue ao Tribunal Supremo, como unha mostra máis da preocupación social existente sobre este tema.

ONDE?

Tanto na páxina de Ecoloxistas en Acción como na de Greenpeace.

CANDO?

Dende agora até a celebración do xuízo. O recurso contencioso-administrativo interposto o pasado 15 de setembro por Ecoloxistas en Acción, Greenpeace e Oxfam Intermón contra o Goberno de España por inactividade climática foi admitido a trámite pola Sala Terceira do Tribunal Supremo.

CANTO?

Búscase conseguir o máximo apoio posible. Pode asinar calquera persoa individual residente en España.

POR QUE?

O Goberno incumpriu o Regulamento da UE sobre a  gobernanza da Unión da Enerxía e da Acción polo Clima, que establece un Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC) e unha Estratexia a longo prazo (ELP) con carácter definitivo o pasado mes de Decembro. A temperatura en España incrementouse 1,7 º C, o que provocou, por exemplo, a perda de máis do 80% dos glaciares pirenaicos. Espérase unha subida de entre 10 e 68 centímetros no nivel do mar para finais deste século. Presionar a gobernos como o de España é unha das formas que ten a poboación de forzar un compromiso real en defensa do planeta.