Adherirse Máis información
ASINA: POR UNHA PICADA XUSTA

¿QUE?

Unha campaña de recollida de sinaturas para presionar ás empresas farmacéuticas a que compartan o seu traballo, coñecementos e tecnoloxía para que toda a cidadanía teña acceso a vacinas seguras e eficaces.

¿QUEN?

Amnistía internacional recolle sinaturas para presionar ás farmacéuticas. Calquera persoa pode asinar a nivel individual.

¿COMO?

A través dun formulario na páxina web de Amnistía Internacional.

¿ONDE?

Trátase duhna campaña de ámbito internacional.

¿CANDO?

Pódese asinar dende este momento sen que se especifique unha data de finalización.

¿CANTO?

Non hai límite de sinaturas para esta campaña.

¿POR QUE?

Todas as persoas do mundo deberían ter acceso á vacina contra a COVID-19, porque o dereito á vida é un dos Dereitos Humanos e o acceso ás vacinas é determinante para garantizalo. Sen embargo, as tres principais compañías farmacéuticas só producen vacinas para o 1,5% da poboación mundial, maioritariamente de países ricos. Dado que milleiros de millóns de dólares de contribuíntes axudaron a estas empresas a desenvolver e producir as súas vacinas, é xusto que estas pertenzan e sexan compartidas coa poboación. É hora de dar prioridade á vida das persoas por riba dos intereses das grandes corporacións farmacéuticas.