XORNADAS: ACTIVISMO DIXITAL: BASES DE DEFENSA E SEGURIDADE

with Non hai comentarios

A construción do mundo actual non pode entenderse sen internet. As fake news, o tratamento masivo de datos, a ciberespionaxe, a modificación dos procesos electorais ou as situacións de Assange ou Snowden son só algúns exemplos de como se constrúen as relacións de poder na actualidade. Neste contexto xorde a necesidade de coñecer novas formas de acción e actuación que permitan conformar dinámicas de contrapoder, así como ferramentas e mecanismos que axuden a protexer e exercer os dereitos no plano dixital. Con estas cuestións como punto de referencia dende ECOAR))) lanzamos as “Xornadas de Activismo Dixital: bases de defensa e seguridade”.

OBXECTIVOS 

  • Mellorar as habilidades para o activismo dixital.
  • Achegar ferramentas que permitan o empoderamento dixital.,
  • Modifcar os hábitos dxs participantes para mellorar en seguridade e evitar riscos. 
  • Concienciar sobre a importancia do exercicio e a defensa dos dereitos dixitais.
  • Ensinar a importancia do uso de software libre e das copias de seguridade.

MÓDULOS:

CURSO 1. Linux: clave para o activismo dixital.

  • Data e hora: 06/03/20 16:30
  • Duración: 5 Horas
  • Lugar: Local social de Árbore (Rúa López Mora, 30, baixo, Vigo)
  • Prezo: Gratuíto
  • Materiais Precisos:
    • Computador.
  • Prazas: 30
  • Programa:
    • Breve historia e filosofía básica do software libre.
    • Por que GNU/Linux?
    • Conceptos básicos.
    • Contorno de escritorio KDE.
    • Fuchicando e xogando.

CURSO 2. Hacktivismo: autodefensa dixital básica.

  • Data e hora: 20/03/20 17:30
  • Duración: 4 Horas
  • Lugar: Local social de Árbore (Rúa López Mora, 30, baixo, Vigo)
  • Prezo: Gratuíto
  • Materiais Precisos:
    • Computador.(Opcional)
    • Smartphone (Opcional)
  • Prazas: 30
  • Programa:
    • Perigos da era da información.
    • Ameazas e solucións.
    • Seguridade avanzada.
    • Esquema xeral.

CURSO 3. Backups: máis que seguridade.

  • Data e hora: 03/04/20 17:30
  • Duración: 4 Horas
  • Lugar: Local social de Árbore (Rúa López Mora, 30, baixo, Vigo)
  • Prezo: Gratuíto
  • Materiais Precisos:
    • Computador (Opcional)
    • Smartphone (Opcional)
  • Prazas: 30
  • Programa:
    • As copias de seguridade achegan máis que seguridade.
    • Tipos de copias e soportes de almacenamento.
    • Ferramentas para facilitar e xestionar as copias.
    • Sistemas avanzados de copias.

Tódolos cursos son de carácter aberto ata completar o número de prazas, Se estás interesadx podes inscribirte no seguinte formulario: Formulario Inscripción 

Ao inscribirte con exito no curso recibirás un correo de confirmación, cada módulo é independente polo que se queres podes anotarte de forma independente aos cursos que se axusten as túas necesidades e inquedanzas.