Adherirse Máis información
ASINA: ARABIA SAUDITA: LIBERACIÓN DAS REFORMISTAS

QUE?

Unha campaña de sinaturas para reclamar a liberación de mulleres activistas sauditas.

QUEN?

A campaña parte de Amnistía Internacional e afecta a mulleres sauditas encarceradas polo goberno de Arabia Saudita por reclamar dereitos para as mulleres. Céntrase máis en concreto na activista e política Loujain al-Hahtloul.

COMO?

Visibilizando o problema a través da campaña de recollida de sinaturas.

ONDE?

A campaña é en liña, calquera pode asinar. A campaña céntrase nas presas encarceradas en Arabia Saudita.

CANDO?

A campaña arrincou o pasado 18 de Decembro e estará vixente mentres continúen os encarceramentos contra os dereitos das mulleres, poñendo o foco neste momento na liberación de Loujain al-Hahtloul.

CANTO?

Non existe límite, o obxectivo actual está en 75.000 sinaturas.

POR QUE?

As autoridades sauditas viven actualmente un frenesí de propaganda para branquear a súa imaxe a través de campañas de márketing ou a organización de macroeventos. Esta actitude de cara ao exterior pretende mostrar un país moderno e reformado, pero nos cárceres sauditas hai mulleres condenadas precisamente por reclamar dereitos como, por exemplo, o dereito a conducir.

As mulleres activistas que defenden a igualdade deben ser postas en liberdade de maneira inmediata e incondicional e retirarse todos os cargos contra elas. Elas son as verdadeiras reformistas dun país que ofrece unha cara aberta ao exterior e que ao mesmo tempo nega dereitos fundamentais ás súas mulleres e obrígaas a vivir baixo o sistema de tutela masculina, un sistema que non lles permite casar, estudar ou traballar sen a autorización dun familiar varón e que as trata como cidadás de segunda.