A nosa experiencia nas acampadas: dous meses despois
with Non hai comentarios

O 26 de setembro de 2026 marcou un antes e un despois na loita pola vivenda no Estado Español. A acampada de Sol foi o momento chave que daría paso á mobilización por todo o Estado e a unha folga xeral que non se convocaba desde 2012. As posteriores acampadas xurdidas en distintos puntos do territorio, incluíndo Portugal, foron exemplos de loita e organización, e puntos de encontro entre movementos. A continuación contámosvos as nosas experiencias nalgunhas destas acampadas.

Experiencia na acampada de Granada

A manifestación pola vivenda da fin de semana do 3 de outubro en Granada viviuse con moita intensidade e expectación. Víanse persoas con tendas e sacos de durmir medio agochados durante a marcha, todas á espera do mesmo. Estas persoas decatámonos ao final de que dependía de nosotrxs, de que alguén tiña que montar a primeira tenda, de que ninguén o fará por nós.

Lembro unha assemblea na que nos chegou a nova da convocatoria de folga xeral, e de como todxs o celebramos xuntxs. A diversidade de movementos de Granada alí reunida, debatendo e celebrando xuntxs, organizándonos, colaborando cada unx desde as nosas estratexias e tácticas diferentes mais unidxs cun horizonte común. Foron días de ilusión e esperanza.

Experiencia na acampada de Vigo

Achegámonos á acampada de Vigo para realizar un obradoiro de acción directa noviolenta. Sorprendéronnos a organización desde o primeiro día, o apoio veciñal nun barrio en principio non tan afín e o traballo diario de lxs compañerxs.

Tamén puidemos disfrutar de foliadas autogestionadas que se organizaron durante a primeira fin de semana. Unha muller achegouse a nosotrxs e contounos como ela loitara nos anos oitenta, e deunos as grazas por continuar a loita para que as súas fillxs puidesen ter unha vivenda no futuro.

Experiencia na acampada de Sol

Só puiden estar na acampada de Sol unha noite. Vira centos de imaxes e vídeos, mais vel-a en persoa foi moi diferente: a ocupación do espazo público, que tamén é noso, a inmensidade das estruturas improvisadas, o bulicio da xente organizándose e traballando polo futuro de todxs, a cotidianidade do extraordinario…

Estiven en Sol o día en que morreu Maricarmen, e fun testemuña de como a rabia pola súa morte se transformaba en loita, nunha manifestación espontánea fronte ao Congreso dos Deputados. A morte dunha muller maior provocada por un desaloxo inxusto, un máis dos miles que ocorren nun sistema que serve aos intereses dos rendistas e especuladores. Son experiencias que me marcaron e que nunca esquecerei.

Experiencia na acampada de Oviedo

En Oviedo só puiden visitar a acampada unha tarde. Contáronme que atoparan bastantes problemas e de como foran resolvendo os problemas en colectividade. A autoxestión e a organización de base é algo que só se pode aprender en espazos así, e que fica para toda a vida.

Aquela noite montaron un cine improvisado para ver o filme «Shrek». No centro da cidade, convertida nos últimos anos nun escaparate para turistas, un grupo de persoas tomou o espazo e transformouno nun lugar de loita e convivencia.

Experiencia na acampada de Santiago de Compostela

Máis alá do que consigamos ou non en materia de vivenda, para min a acampada xa logrou algo moi importante: creou redes, demostrando que a autoxestión e a toma de decisións horizontais funcionan, e facéndonos descubrir que hai moita máis xente organizada na nosa cidade da que imaxinábamos.

Aliviou e, ao mesmo tempo, alimentou unha inquietude que compartíamos moitas persoas: a necesidade de nos mobilizarmos fronte ao auxe do fascismo. Demostrounos que unha gran parte da nosa cidade está disposta a apoiarnos nesta loita e que, cada quen desde as súas posibilidades, nos sostén e nos acompaña.

Tamén alimentou a nosa rabia sa, esa que non paraliza, senón que nos impulsa a actuar, a organizarnos e a construír alternativas.

A acampada rematou, mais o que comezamos a construír nela non fixo máis que comezar.