NINGUÉN O FARÁ POR NÓS!

with 1 comentario

Iniciamos unha nova etapa. Un novo paso co que nos dotamos de mellores ferramentas a través das que poder construír unha estrutura aínda máis sólida e efectiva que aborde con garantes todos aqueles retos que se presenten na construción dun mundo máis xusto.

Nesta nova fase ECOAR))) contará con novos mecanismos que conferirán maior capacidade, coherencia e independencia, para facer fronte aos abusos cometidos polos gobernos e as transnacionais, en defensa dos dereitos humanos e o planeta.

Estamos fondamente convencidxs do poder real que temos as persoas cando construímos de xeito conxunto. Cando nos organizamos e pensamos colectivamente. Cando deixamos o medo de lado, damos un paso á fronte e activámonos. Pero sobre todo cando asumimos que cada un e cada unha de nós somos responsables directxs da construción das solucións. Cando interiorizamos que ninguén o fará por nós!!

 

ÚNETE!!

One Response

  1. […] NINGUÉN O FARÁ POR NÓS! […]