‘13 EDITORA’ CREA UN CROWDFUNDING PARA CONSTITUÍRSE

with Non hai comentarios

 

Lánzase a campaña de crowdfunding para poder converter en realidade 13 editora. A campaña desenvolverase a través da ferramenta de microfinanciamento da Pepa Loba co propósito de poder acadar o obxectivo mediante un proceso de construción colectiva e colaborativa.

13 editora pretende ser un proxecto editorial sen ánimo de lucro de carácter independente que dote ás persoas e colectivos de ferramentas que lles permitan achegarse á realidade de xeito autónomo, crítico e proactivo.

Con esa vontade 13 editora, que xorde ao abeiro de ECOAR))), busca producir materiais que cuestionen as liñas de pensamento “imperantes” e que contribúan a espallar o coñecemento de alternativas e resposta social. Así pois, 13 editora nace coa intención de converterse nun instrumento cdende o que difundir obras de reflexión e contidos prácticos de formación para actuar nos diversos planos da sociedade onde, a través de olladas e discursos de carácter plural, se conformen liñas de coñecemento e pensamento diferentes ás das correntes maioritarias en prol dun sistema social xusto.

Máis información:

https://pepaloba.org/gl/