Adherirse Máis información

 

ASINA: CONTRA A VENDA DE ARMAS

QUE?

Recollida de sinaturas contra a venda de armas españolas a Arabia Saudita.

QUEN?

A iniciativa é promovida por Save The Children España.

COMO?

Vía web. A recollida de sinaturas é un medio de chegar masivamente ás institucións do Estado Español. Neste caso a carta é dirixida ao Ministerio de Asuntos Exteriores.

ONDE?

A campaña centrase no Estado Español, para evitar o envío de armas a Arabia Saudí que pon en perigo a seguridade de países como Iemen. A recollida ten lugar na web española de Save The Children: https://www.savethechildren.es/actua/ninos-conflictos-armados

CANDO?

Dende este momento e até a finalización da campaña, cando se acade o número de sinaturas buscado.

CANTO?

A campaña procura 200.000 firmas para seren entregadas ante o Ministerio.

POR QUE?

Porque nunca nos últimos 20 anos houbo tantxs nenxs vivindo en áreas afectadas polas guerras. Cada tres horas, o número de nenxs en zonas de conflito aumenta en máis de 10.000. En  países como Iemen, Siria, Sudán do Sur ou Afganistán as escolas e outros lugares que deberían ser espazos de protección e desenvolvemento da infancia son bombardeados cada día.

Malia ter unha lexislación restritiva en materia de  transferencia de material de defensa e de que asinou o Tratado sobre Comercio de Armas, España segue a vender armas a Arabia Saudí a pesar do risco de que este país as empregue para atacar á poboación civil.

Debemos esixir ao Goberno que protexa aos/ás nenxs atrapadxs en conflitos armados e que suspenda de maneira inmediata todo tipo de venda de armas españolas a países en conflito.