Adherirse Máis información
ASINA: CONTRA A VENDA DE ARMAS DE ESPAÑA

QUE?

Campaña de firmas contra a venda de armas a países inmersos en conflitos bélicos.

QUEN?

Save the Children lanza esta campaña querendo presionar ao goberno español para que non siga apoiando a venta de armas a países que violan os dereitos humanos en conflitos armados.

COMO?

Pódese realizar a firma a través da páxina web de Save the Children.

ONDE?

A campaña de Save the Children céntrase nos territorios en guerra onde a infancia é vítima de violacións de dereitos humanos (Siria, Yemen…) por parte de países como Arabia Saudí, e busca presionar ao goberno de España para obrigarlle a posicionarse a favor dos dereitos humanos.

CANDO?

Desde este momento xa se pode firmar, e poderá seguir facéndose ata conseguir o obxectivo.

CUANTO?

Non hai límite de firmas, cantas máis, mellor.

POR QUE?

Nacións Unidas constatou e denunciou que, só durante 2017,  máis de 25.000 nenos e nenas foron vítimas de violacións  xeneralizadas, asasinatos,  mutilaciones e recrutamento, e bloqueouse   a axuda humanitaria durante os conflitos armados. Esta cifra triplicouse desde o ano 2010 chegando ao número máis alto da historia.

Escolas, hospitais e outras infraestruturas civís están a ser  destruídas en ataques con armas explosivas. Segundo datos de  Save  the  Children, só  en Iemen unha de cada cinco escolas foron destruídas polo conflito e  máis de 85.000 nenos e nenas morreron de fame desde que se intensificou  o conflito.

Mentres, España non deixa de exportar  armas a Arabia Saudita, a pesar das graves violacións do dereito  internacional que a coalición liderada por este país está a cometer en Iemen.  Segundo datos do  SIPRI, en 2015 España situábase como terceiro  maior exportador de armamento a Arabia Saudita, só por detrás de Estados  Unidos e Gran Bretaña.