Adherirse Máis información
ASINA: NON AO TRATADO DE LIBRE COMERCIO UE-MERCOSUR!

QUE?

Recollida de sinaturas contra o Tratado de Libre Comercio (TLC) UE-Mercosur.

QUEN?

Varias organizacións europeas e latinoamericanas concienciadas coas consecuencias deste posible tratado, como a Rede Brasileira pela Integração dos Povos ou a Marcha Mundial das Mulleres Macronorte.

COMO?

As organizacións asinantes adhírense ao texto emitido dende https://www.bilaterals.org/?el-acuerdo-entre-el-mercosur-y-la&lang=en para esixir ás autoridades do Mercosur que non asinen nin ratifiquen este TLC.

ONDE?

Na web https://www.bilaterals.org/?el-acuerdo-entre-el-mercosur-y-la&lang=en, a proposta da plataforma https://americalatinasintlc.org/.

CANDO?

Dende novembro de 2020 e até a total supresión das negociacións sobre o tratado.

CANTO?

Dada a importancia do problema, e a cantidade de persoas ás que afecta, todo apoio é ben recibido.

POR QUE?

Porque pon en risco a numerosas Pemes de Suramérica, eliminando aranceis á importación de bens manufacturados europeos, causando un aumento dramático do desemprego. Porque non se publicaron estudos fiables de impacto económico, ecolóxico e de xénero, entre outros. Porque se estima que caerá o PIB un 0,1% en Mercosur, en beneficio do da UE. Porque é moi posible que aumenten as privatizacións en sectores estratéxicos de América Latina en beneficio de multinacionais europeas. Porque se estima que o único gran beneficiado en Mercosur sexa o agro-negocio intensivo, que afectará tanto a pequenas explotacións familiares, como ao medio ambiente da rexión (en especial á Amazonia), como á pegada de carbono (ao incrementarse as exportacións). Por numerosas razóns máis, ambientais, laborais e sobre as poboacións máis vulnerables.