Adherirse Más información
ASINA: LIBERACIÓN ABDULLAH ÖCALLAN
QUE?
Recollida de sinaturas para conseguir a liberdade de Abdullah Öcalan, presidente do Partido de lxs Trabajadorxs do Kurdistán ( PKK).
QUEN?
International Initiative «Freedom for Abdullah Öcalan – Peace in Kurdistan». É unha iniciativa de paz multinacional e pacífica que busca unha solución para “o problema kurdo”.
Poden adherirse a esta campaña de firmas as persoas e organizacións que queiran.
COMO?
Preténdese facer chegar o maior número de firmas posible ao primeiro ministro turco, Recep Tayyip Erdoğan. As organizacións e persoas que desexen apoiar esta campaña coa súa firma teñen que enviar un mail a info@freeocalan.org (Asunto: Campaña “O momento chegou: Liberdade para Abdullah Öcalan”)
ONDE?
Online, en todo o mundo. Öcalan está encarcerado en Turquía e non se lle permite recibir visitas.
CANDO?
Dende agora mesmo até que se libre a Öcalan. O dia 10 será publicada a listaxe oficial de signatarixs.
CANTO?
Entre 2013 e 2015, 10,3 millóns de persoas en todo o mundo asinaron outra declaración a favor da liberación de Öcalan e outrxs presxs en Turquía. Esperamos ser máis desta volta !
POR QUE?
En 2015, o presidente turco Erdoğan, despois de acabar con varios anos de conversacións entre o Estado turco, Abdullah Öcalan e o PKK, lanzou unha nova etapa de escalada agresiva e violenta en Turquía, Iraq e Siria. Nos últimos meses, Erdoğan segue facendo a guerra non só contra xs kurdxs senón tamén contra todos os veciños de Turquía, incluíndo Libia, Chipre, a fronteira con Grecia e Nagorno-Karabakh/Artsakh.
Namentres, os pobos do norte e leste de Siria, inspirados por Öcalan e os seus escritos dende a prisión, transformaron a súa terra nun importante bastión para a paz, a coexistencia e a democracia, a pesar dos constantes ataques militares de Turquía.
A liberdade de Öcalan marcaría un grande avance para a democratización de Turquía e a paz en Kurdistán.