Adherirse Más información
MOBILÍZATE: COP26. CONFERENCIA CAMBIO CLIMÁTICO R.U. 2021

QUE?

Accións para a Conferencia sobre o Cambio Climático (COP26) que terá lugar en Glasgow entre o 1 e o 12 de novembro de 2021.

QUEN?

Organizacións e movementos da sociedade civil concienciadas coa crise climática.

COMO?

Recollendo a iniciativa dos gobernos e institucións internacionais creando unha alternativa de acción (inventario e axenda climática) e un espazo de estratexia e coordinación para o movemento de xustiza climática.

ONDE?

Online, enchendo un formulario de petición en https://glasgowagreement.net/es/contact/ e, posteriormente, a través de mobilizacións ou alá onde as distintas organizacións do planeta consideren oportuno.

CANDO?

Dende agora até o 01/11/2021, data á que foi aprazada a COP26 en Glasgow debido á crise do Coronavirus.

CANTO?

Nunca será demasiado. Calquera mobilización é pouca para frear esta crise sen precedentes.

POR QUE?

Porque a crise climática non admite máis atrasos. A XXI Conferencia sobre Cambio Climático (Acordo de París, 2015) xa establecía medidas, vinculantes, para a redución das emisións de Gases de Efecto Invernadoiro de fronte ao ano 2020. A día de hoxe as accións de gobernos e empresas non van nesa dirección. Deste xeito non se poderá conter o aumento da temperatura global por baixo de 1’5º C con respecto aos niveis  pre-industriais. Se isto non se logra, as consecuencias para a biodiversidade do planeta (incluído o ser humano) serán catastróficas. É hora de actuar sen máis demora.