Adherirse Máis información

 

ASINA: ECOEMBES MINTE: A RECICLAXE NON É SUFICIENTE

QUE?

Unha campaña de recollida de firmas para esixir un modelo de xestión de residuos máis sostible que o que leva a cabo ECOEMBES.

QUEN?

A campaña enfócase na organización ECOEMBES, que leva a cabo unha xestión ineficiente dos residuos plásticos. Calquera persoa pode asinar a petición. A campaña parte de Greenpeace.

COMO?

Asinando a través da páxina de Greenpeace.

ONDE?

ECOEMBES leva a cabo a súa actividade en España, e a campaña de recollida está publicada na web de Greenpeace España.

CANDO?

Dende agora mesmo xa se puede asinar. A campaña non ten data límite.

CANTO?

Non existe un número de sinaturas estipulado , cantas máis mellor.

POR QUE?

O sistema de xestión de residuos de envases en España está controlado por ECOEMBES, unha empresa que trata de facerse pasar por organización ambiental, pero que en realidade está formada polas mesmas marcas que nos asolagan de plástico e que non ten ningún interese en reducir o plástico dun só uso, xa que obtén os seus ingresos dos envases consumidos e refugados.

A pesar de que a empresa asegura que a súa taxa de reciclaxe é do 75%, a realidade é que só se recicla o 25% dos envases de plástico. O resto acaba enterrado en vertedoiros, exportado a outros países con menos recursos, lanzado aos nosos campos e mares ou incinerado, xerando grandes cantidades de CO2.