Adherirse MSF Adherirse NPOP

 

ASINA: NON ÁS PATENTES DE VACINA POLA COVID

QUE?

Dúas campañas de recollidas de sinaturas que buscan presionar ao goberno de España e á Comisión Europea para que non haxa patentes farmacéuticas de vacinas a fin de que estas estean dispoñibles para todas as persoas.

QUEN?

Médicos Sen Fronteiras recolle sinaturas para presionar ao goberno español, mentres que unha iniciativa cidadá europea, No Profit  On  Pandemic busca facer o mesmo coa Comisión Europea. Calquera persoa pode asinar a petición a nivel individual.

COMO?

Asinando a través das páxinas de Médicos Sen Fronteiras ou No Profit On Pandemic

ONDE?

A campaña de Médicos Sen Fronteiras é de ámbito nacional e busca presionar ao goberno de España, aínda que se fai eco dunha petición internacional en máis de 100 países. A campaña de No Profit  On Pandemic é a nivel europeo.

CANDO?

Dende agora mesmo xa se pode asinar. A campaña de Médicos Sen Fronteiras non ten data límite, pero a de No Profit On Pandemic remata o 1 de Febreiro de 2022.

CANTO?

Búscase un millón de sinaturas para a iniciativa europea, e non hai límite de sinaturas para a de Médicos Sen Fronteiras.

POR QUE?

Porque a saúde é un dereito universal, e en tempo de pandemia unha compañía privada non debería ter a potestade de decidir quen accede ás vacinas nin a que prezo. As patentes outorgan a unha compañía o monopolio dun ben esencial para  lucrarse á conta do benestar da poboación. As persoas xa veñen de contribuír cos  seus impostos para as investigacións e desenvolvementos destas vacinas. Ademais disto o dereito á saúde e seguridade das persoas está por riba do privilexio de lucro das enormes máquinas de facer diñeiro que son as grandes compañías farmacéuticas.