Adherirse Máis información

 

ASINA: RAPEAR NON É DELITO

QUE?

Campaña de recollida de sinaturas para cambiar o código penal con respecto a delitos relacionados coa liberdade de expresión.

QUEN?

A campaña xorde a raíz do encarceramento de Pablo Hásel por algunhas das letras das súas cancións, sendo condenado entre outras cousas por inxurias á coroa. A camapaña é a favor de todas as persoas do estado español e é lanzada por Amnistía Internacional.

COMO?

Podes mostrar o teu apoio asinando a través da web de Amnistía Internacional.

ONDE?

A campaña encádrase no Estado español e o formulario atópase na web de Amnistía Internacional.

CANDO?

A campaña non ten data límite e agora mesmo está aberta.

CANTO?

Conseguiron máis de 110.000 firmas até o de agora e non existe límite, cantas máis mellor.

POR QUE?

Ninguén debería ser condenadx penalmente por tuitear ou cantar algo, por moi desagradable ou escandaloso que pareza, se non constitúe un delito de odio, tal e como está definido nos dereitos humanos.

España conta cunha longa lista de usuarixs de redes sociais, profesionais do dereito, xornalistas e diversxs artistas que foron procesadxs en España polos delitos de enaltecemento, inxurias e calumnias. Isto trae penas como multas ou prisión, pero o peor é que favorece a autocensura limitando así o dereito de expresión na práctica.

César Strawberry, A Insurxencia, Pablo Hásel, Cassandra… a lista segue crecendo. Rapear non é un delito. Tuitear un chiste non é terrorismo. Ningunha das disposicións do Código penal debe poder criminalizar expresións nin creacións artísticas amparadas polo dereito á liberdade de expresión.

O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos di: o uso de leis sobre difamación co fin ou o efecto de impedir as críticas lexítimas ao goberno ou a cargos públicos viola o dereito á liberdade de expresión.

Os delitos de enaltecemento do terrorismo, inxurias contra a coroa e as institucións do Estado e de ofensa contra os sentimentos relixiosos deben desaparecer do Código penal.