QUE É “NORMALIDADE DEMOCRÁTICA”?

with 1 comentario

Pablo Iglesias comentou que “non hai unha situación de plena normalidade política e democrática en España”1en relación á situación de Junqueras e Puigdemont, un encarcerado e o outro exiliado en Bélxica. Esta declaración non sentou demasiado ben na súa coalición, coa vicepresidenta terceira Nadia Calviño replicando indignada que “España é unha democracia plena”2 e o ministro Ábalos declarando que toda normalidade implica “elementos de anormalidade”3. De súpeto un bo número de políticxs de diferente signo vense empurradxs a posicionarse sobre a existencia ou inexistencia da devandita “normalidade”. Pero… A que se refiren cando falan de “normalidade democrática”? E, témola, ou non?

Vexamos algúns feitos. Por unha banda, Pablo Hasél, rapeiro español, encarcerado na prisión de Ponent4 por “delitos de enaltecemento do terrorismo e inxurias á coroa”. Curiosamente, aqueles medios que buscan posicionarnos na súa contra, non o fan en nome dos seus delitos contra “a coroa”, pois saben que boa parte da poboación está en contra da monarquía afogada en casos de corrupción e expostxs pola fuxida de J. C. Borbón acurralado pola xustiza5. Buscan outros casos aínda non resoltos que inclúen temas facilmente polemizables, como letras onde homenaxea ao GRAPO6 ou conflitos cun xornalista7, cando por isto último non se lle condena en realidade, e cando se homenaxea á División Azul8 con total impunidade, demostrando que tamén a palabra “terrorismo” está ao servizo de segundo que ideoloxías.

Normalizouse que as forzas de seguridade repriman a diario a quen loita polos seus dereitos laborais, pola súa liberdade sindical ou pola súa pensión ameazada. Non fai moito, un activista de 75 anos enfrontouse a penas de cárcere por deter un desafiuzamento9, e plataformas como Defender a quen Defende alertaron de abusos policiais no marco da crise do Coronavirus10. Mentres tanto, a Lei Mordaza segue en vigor dende 2015, ampliando os poderes da policía e dificultando as protestas11 a pesar de recibir no seu momento as críticas do PSOE, e organizacións como a ONU acusan a España de non asegurar a identificación policial12. A isto debe sumarse que o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos condenou a España até en 11 ocasións13 por non investigar casos de tortura policial. O estado tamén impide a extradición de ex-cargos do brazo da policía política do franquismo para ser investigados en Arxentina14. Vemos como a Constitución, esa que tanto enorgullece a moitos partidos políticos15 e que tan difícil era de cambiar, é modificada da noite para a mañá en 2011 por mandato de Europa co acordo do PSOE e o PP16 co fin de priorizar o pago da débeda sobre calquera outro gasto do Estado nos orzamentos xerais.

Ante todo isto, que é “normalidade democrática”? Nun contexto no que a inxustiza converteuse en normal, deberemos comparar o noso goberno coas supostas “democracias” de Marrocos ou  Myanmar antes do golpe de estado, ou coas “democracias” capitalistas dos países europeos? Que é a “normalidade”? A nós non nos debería importar moito a súa “normalidade”, pero debemos esforzarnos para construír unha sociedade verdadeiramente democrática, transparente, libre e con xustiza social. Para iso é tarefa imprescindible criticar todas as actuacións do goberno, o estado, as empresas e as persoas que erosionen a democracia. Estas críticas deben ser normais incluso dentro das institucións. O contrario é sen dúbida corporativismo, e non se afasta das ditaduras que tanto critican xs adaíles da constitucionalidade.

1 https://www.20minutos.es/noticia/4575236/0/iglesias-asegura-que-no-existe-plena-normalidad-democratica-por-la-situacion-de-junqueras-y-puigdemont/
2 https://www.lavanguardia.com/politica/20210209/6233720/calvino-replica-pablo-iglesias-espana-democracia-plena.html
3 https://www.eldiario.es/politica/abalos-palabras-iglesias-negando-plena-normalidad-democratica-espana-sistemas-anomalias_1_7202446.html
4 https://www.diaridetarragona.com/cat-es-mon/Pablo-Hasel-ingresa-en-le-prision-de-Ponent-20210216-0030.html
5 https://www.wsws.org/es/articles/2020/08/12/espa-a12.html
6 https://elpais.com/espana/2021-02-18/las-rimas-que-llevaron-a-hasel-a-la-carcel.html
7 https://elpais.com/espana/catalunya/2020-06-05/pablo-hasel-condenado-a-seis-meses-por-agredir-a-un-periodista-en-la-universitat-de-lleida.html
8 https://www.mundodeportivo.com/videos/mas-videos/20210216/1167486078343718/homenaje-a-la-division-azul-de-neonazis-en-madridmp4.html
9 https://www.levante-emv.com/comunitat-valenciana/2021/02/08/activista-75-anos-enfrenta-pena-34220996.html
10 https://www.elsaltodiario.com/violencia-policial/exigen-interior-investigue-abusos-policiales-cometidos-marco-crisis-coronavirus
11 https://web.archive.org/web/20151124070239/https://www.es.amnesty.org/noticias/noticias/articulo/el-proyecto-de-ley-de-seguridad-ciudadana-amplia-los-poderes-policiales-en-lugar-de-proteger-la-pro/s
12 https://www.publico.es/politica/represion-policial-onu-insta-espana-informar-adecuada-identificacion-policia.html
13 https://www.elsaltodiario.com/tortura/estrasburgo-vuelve-condenar-espana-por-torturas-instruccion-ministro-interior-fernando-grande-marlaska
14 https://www.eldiario.es/sociedad/querella-argentina-unico-juicio-franquismo_1_2258964.html
15 https://www.psoe.es/el-socialista/viva-la-constitucion/
16 https://www.boe.es/boe/dias/2011/09/27/pdfs/BOE-A-2011-15210.pdf

Máis Información:

https://memoriahistorica.org.es/

Interésache:

FRONTEX: CORRUPCIÓN OPACIDADE E VIOLACIÓN DE DEREITOS HUMANOS

FONDOS COVID: APONTOANDO AO CAPITAL PRIVADO

O NEGOCIO DA MANIPULACIÓN NAS REDES

VAGA DE FRÍO, MEDIDOR DE POBREZA

One Response

  1. […] QUE É “NORMALIDADE DEMOCRÁTICA”? […]