Nos últimos anos o rexeitamento por parte da poboación latinoamericana, en especial dos indíxenas, ao que representa o “Día da Hispanidade” creceu sen parar. Isto manifestouse de moitas maneiras: derrubamento de estatuas, eliminación de nomes de rúas, transformacións da celebración do 12 Outubro, etc.
Todo iso está motivado pola toma de conciencia dos horrores cometidos por personaxes tan sinistros como Cristobal Colón, Pizarro ou Hernán Cortés, que cometeron crimes que hoxe xulgaríanse como de lesa humanidade1, así como tamén polos movementos sociais indíxenas que rexeitan o neocolonialismo e buscan defender os dereitos dos pobos indíxenas negados durante cinco séculos2.
O punto de inflexión para a loita indíxena aconteceu a finais do século XX en 1994, cando os zapatistas de Chiapas levantáronse contra o Goberno Mexicano para rematar, tal e como eles dixeron, coa “longa noite de 500 anos” na que estaban sumidxs. Desde entón, distintos procesos a través de toda América tiveron lugar: a chegada de Evo Morales ao goberno en Bolivia3, a creación do Consello Nacional Indíxena en México1, as loitas ambientalistas encabezadas por indíxenas4 ou a recente queima de igrexas e derrubamento de estátuas como reacción ao xenocidio indíxena en Canadá5, son algunhas das loitas máis recentes que poñen o foco na dignidade dos pobos orixinarios.
A actual retórica das forzas de dereita e ultradereita en España e en América é un discurso que debe ter unha contestación firme6. Debemos presionar a todos os gobernos do mundo que aínda celebran a chegada de Colón a América como un descubrimento, para que recoñezan a invasión, saqueo e xenocidio que aquel suceso supuxo. Do mesmo xeito, as loitas para defender os dereitos dos pobos indíxenas deben saír reforzadas neste novo século cheo de retos para deixar atrás inxustizas que se remontan a 500 anos atrás. Verdade, Xustiza e Reparación para os pobos de Abya Yala. Non foi un descubrimento, foi unha invasión!
1 https://es.wikisource.org/wiki/Brev%C3%ADsima_relaci%C3%B3n_de_la_destrucci%C3%B3n_de_las_Indias 2 https://webs.ucm.es/info/eurotheo/diccionario/I/indigenismo.htm 3 https://journals.iai.spk-berlin.de/index.php/iberoamericana/article/view/943 4 https://www.frontlinedefenders.org/es/case/case-history-berta-c%C3%A1ceres 5 https://www.bbc.com/mundo/noticias-internacional-57702227 6 https://www.elsaltodiario.com/america-latina/12-octubre-espana-america-derechas
Interésache: