Manifesto Cara o restablecemento da legalidade na Fronteira Sur (Ceuta e Melilla)
QUEN?
O manifesto é impulsado por IRÍDIA – Centre per la Defensa dels Drets Humans, Fotomovimiento e Novact en defensa dos DDHH na Fronteira Sur.
COMO?
A través dun informe nos mostran a realidade nesta fronteira, ti podes adherirte ao manifesto de forma individual ou como colectivo.
ONDE?
Na fronteira sur do estado español, as Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla encóntranse no Norte de África a unha distancia entre si de 382 quilómetros. O espazo configurado por éstas conxuntamente coas rexións de Tánxer e Nador é o espazo no que se atopa o maior número de poboación migrante que pretende chegar a Europa, xa sexa de maneira terrestre ou mediante vía marítima.
CANDO?
Podes adherirte de forma inmediata, é unha campaña continua.
CANTO?
Non hai límite, difunde entre o teu círculo próximo esta información. É necesario que logremos iniciar un proceso de acumulación de forzas dende a sociedade civil que nos conduza a acadar de maneira urxente o restablecemento da legalidade na Fronteira Sur a través dunha estratexia multinivel de mobilización social e incidencia política coordinada.
POR QUE?
A Fronteira Sur é un espazo de aplicación excepcional do ordenamento xurídico no que as vulneracións de dereitos son sistemáticas. Por todo isto, este proceso debe conducirnos a xerar un cambio de paradigma na política migratoria actual por outro que sexa respectuoso cos dereitos humanos das persoas migrantes e migradas.