A construción do mundo actual non pode entenderse sen internet. As fake news, o tratamento masivo de datos, a ciberespionaxe, a modificación dos procesos electorais ou as situacións de Assange ou Snowden son só algúns exemplos de como se constrúen as relacións de poder na actualidade. Neste contexto xorde a necesidade de coñecer novas formas de acción e actuación que permitan conformar dinámicas de contrapoder, así como ferramentas e mecanismos que axuden a protexer e exercer os dereitos no plano dixital. Con estas cuestións como punto de referencia dende ECOAR))) lanzamos as “Xornadas de Activismo Dixital: bases de defensa e seguridade”.
OBXECTIVOS
- Mellorar as habilidades para o activismo dixital.
- Achegar ferramentas que permitan o empoderamento dixital.,
- Modifcar os hábitos dxs participantes para mellorar en seguridade e evitar riscos.
- Concienciar sobre a importancia do exercicio e a defensa dos dereitos dixitais.
- Ensinar a importancia do uso de software libre e das copias de seguridade.
MÓDULOS:
CURSO 1. Linux: clave para o activismo dixital.
- Data e hora: 06/03/20 16:30
- Duración: 5 Horas
- Lugar: Local social de Árbore (Rúa López Mora, 30, baixo, Vigo)
- Prezo: Gratuíto
- Materiais Precisos:
- Computador.
- Prazas: 30
- Programa:
- Breve historia e filosofía básica do software libre.
- Por que GNU/Linux?
- Conceptos básicos.
- Contorno de escritorio KDE.
- Fuchicando e xogando.
CURSO 2. Hacktivismo: autodefensa dixital básica.
- Data e hora: 20/03/20 17:30
- Duración: 4 Horas
- Lugar: Local social de Árbore (Rúa López Mora, 30, baixo, Vigo)
- Prezo: Gratuíto
- Materiais Precisos:
- Computador.(Opcional)
- Smartphone (Opcional)
- Prazas: 30
- Programa:
- Perigos da era da información.
- Ameazas e solucións.
- Seguridade avanzada.
- Esquema xeral.
CURSO 3. Backups: máis que seguridade.
- Data e hora: 03/04/20 17:30
- Duración: 4 Horas
- Lugar: Local social de Árbore (Rúa López Mora, 30, baixo, Vigo)
- Prezo: Gratuíto
- Materiais Precisos:
- Computador (Opcional)
- Smartphone (Opcional)
- Prazas: 30
- Programa:
- As copias de seguridade achegan máis que seguridade.
- Tipos de copias e soportes de almacenamento.
- Ferramentas para facilitar e xestionar as copias.
- Sistemas avanzados de copias.
Tódolos cursos son de carácter aberto ata completar o número de prazas, Se estás interesadx podes inscribirte no seguinte formulario: Formulario Inscripción
Ao inscribirte con exito no curso recibirás un correo de confirmación, cada módulo é independente polo que se queres podes anotarte de forma independente aos cursos que se axusten as túas necesidades e inquedanzas.