CRISE POLÍTICA EN ISRAEL: SEN NOTICIAS PARA PALESTINA
with Non hai comentarios

Tras doce anos de goberno,  Benjamín  Netanyahu deixou de ser primeiro ministro de Israel1. O Parlamento aprobou a formación dun novo goberno co conservador  Naftali  Bennett por 60 votos a favor e 59 en contra. Este cambio supón o final de dous anos de crise política con dúas eleccións para as que  Netanyahu non puido obter o apoio suficiente para formar goberno e unha terceira que levou a un goberno errado de coalición. Un cambio de goberno que, con todo, … Ler máis

MARROCOS DE XENDARME A CHANTAXISTA
with 1 comentario

O pasado mes de abril,  Brahim  Gali, presidente da República Árabe Saharauí Democrática, foi hospitalizado en España1. Isto ocasionou unha crise política entre Marrocos e España, posto que o  rexime marroquí sentiu que os seus intereses estratéxicos eran atacados ao ofrecer asistencia médica ao líder do Fronte Polisario, con quen renovaron as hostilidades o pasado ano. A pesar dos esforzos de Marrocos de  disociar a España da UE, o certo é que a Unión Europea apoiou ao estado español na … Ler máis

AFGANISTÁN: E AGORA QUÉ?
with Non hai comentarios

O 29 de Febreiro de 2020 o Goberno de Estados Unidos asinou co  Talibán o acordo de  Doha1,co presunto obxectivo de levar a paz a  Afganistán. O  Talibán finalmente non respectou a totalidade do devandito acordo, facendo  fuxir ao anterior goberno afgán e tomando o poder absoluto no país asiático. Despois da vergoñosa fuxida, como a de Saigón na década dos 70, protagonizada polas potencias occidentais, queda patente o medo desatado na poboación afgá que a impulsa a fuxir aterrorizada por … Ler máis

O PRESIDENTE SAIED DE TUNISIA ACUSADO DE DAR UN “GOLPE SUAVE”
with 2 Comentarios

O pasado mes de abril o presidente tunisiano Kais Saied foi acusado por varios partidos da oposición de dar un “golpe suave”1 despois de afirmar que as forzas armadas e a policía estaban baixo as súas ordes, algo que vai contra a orde legal pois en Tunisia o xefe das forzas de seguridade internas é o Primeiro Ministro, cargo que ocupa actualmente Hichem Mechichi. De acordo con algúns/has observadorxs, Saied está a usar interpretacións constitucionais para aumentar o seu poder … Ler máis

COLOMBIA: UNHA CUSTOSA VITORIA
with Non hai comentarios

Tras a semana de Paro Nacional do 28 de abril1 contra a reforma tributaria do presidente Iván Duque en Colombia, mobilización que foi duramente reprimida polas forzas policiais, o goberno finalmente  claudicou e retirou o proxecto de lei. Nun comunicado emitido pola televisión o domingo 2 de Maio, o presidente de Colombia Iván Duque dixo: “Solicítolle ao Congreso da República a retirada do proxecto establecido polo Ministerio de Facenda e a tramitación de maneira urxente dun novo proxecto froito dos … Ler máis

A 10 ANOS DA PRIMAVERA ÁRABE
with 2 Comentarios

O pasado 15 de Maio cumpríronse 10 anos desde que a cidadanía descontenta coas políticas  de austeridade saíu ás rúas para dicir basta1. Daquel movemento non queda grande cousa pero marcou un antes e un despois na vida política e social do estado español. Este movemento desenvolveuse nun contexto xeral de contestación coa Primavera Árabe en África e Oriente Próximo ou o movemento  Occupy en Ámerica do Norte. Aquel ciclo comezou coa desesperación do pobo tunisiano, sumido nun réxime corrupto … Ler máis

A CRISE DOS CHIPS
with Non hai comentarios

O desenvolvemento tecnolóxico das últimas décadas trouxo consigo novos bens estratéxicos que non fai tanto eran inexistentes. A bens como o petróleo, o armamento, os fármacos ou as infraestruturas1, engadiríase agora a industria dos  semiconductores e a fabricación de chips. Por que é tan importante esta nova industria a nivel  xeopolítico e económico, e cal é o seu papel na guerra tecnolóxica entre China e Estados Unidos? Para entender a súa importancia hai que explicar algunhas características dos  semiconductores. Un  … Ler máis

OS BARRIOS CONTRA O FASCISMO
with Non hai comentarios

Nun momento como o actual no que a ultradereita aproveita o contexto de crise para  azuzar o medo ao diferente e que partidos como Vox gañan votantes en cada nova elección1, resulta necesario lembrar os movementos de loita contra o fascismo e os seus logros á hora de frealo, sobre todo agora que o temos recente co fracaso do mitin de  Vox en Vallecas grazas á acción veciñal. O acto de  Vox en Vallecas, concertado o pasado día 7 de … Ler máis

JUANI RUIZ, UNHA ACTIVISTA PRESA EN ISRAEL
with 1 comentario

Juana Ruiz Sánchez, unha activista e cooperadora internacional, detida o pasado 13 de Abril polo goberno israelí por “pertenza a unha organización ilegal”, viu que a data do seu xuízo foi aprazado deste mércores día 2 ao vindeiro 7 de xullo1. A activista leva case dous meses no penal de Hasaron, 25 quilómetros ao norte de Tel Aviv. O aprazamento foi solicitado pola súa letrada, dado que non lles permitían reunirse con suficiente antelación para preparar a súa defensa. Juana … Ler máis

CONFERENCIA MUNDIAL SOBRE A ESTRATEXIA CLIMÁTICA DOS POBOS
with 1 comentario

Do 26 ao 28 de Xuño participamos nunha conferencia mundial climática a través da internet centrada en preparar novas estratexias e accións de fronte ao inminente COP26 que reuniu a varias decenas de organizacións de distintos continentes. Coincidindo firmemente na idea de que atravesamos unha situación de Emerxencia Climática, as organizacións que participamos deste evento no que tiveron lugar varios días de plenarios ademais doutros eventos de formación e debate, puxemos o acento na articulación de accións globais que volvan … Ler máis

1 2 3 4 14