POBREZA ENERXÉTICA POR TRAMOS EN ESPAÑA

with Non hai comentarios

O pasado 1 de Xuño entrou en vigor a nova tarifa eléctrica en España. O  slogan para lanzar esta nova tarifa foi “Aforrar resultarache máis fácil”, pero os datos non se corresponden con esa frase. A tarifa  semirregulada  PVPC tivo unha subida do 34,2% na factura do usuario medio, que se situará en 81,27 euros  segundo un estudo de FACUA-Consumidores en acción1.

Aínda co IVE reducido, a factura de xuño é un 28,3% máis elevada que o recibo de xuño  de 20202, e moi similar á factura do pasado mes de maio, aínda co IVE do 21%, sen as novas tarifas pero cun  prezo da enerxía inferior.

As medidas aprobadas polo goberno nas últimas semanas -baixada do IVE do 21% ao 10% temporalmente3 e recorte de 1.000  millóns en cinco anos nos chamados beneficios caídos do ceo- son insuficientes e non protexerán á cidadanía da especulación das grandes eléctricas que dominan o mercado. Neste  sentido, FACUA e a  OCU4 instan á CNMC a que a súa Sala de Competencia  analice o grao de competencia no sector hidroeléctrico5.

A pobreza enerxética en España é unha realidade para un 11% da poboación6, que se atopa con dificultades para facer fronte ao pago das facturas da luz, o gas ou a auga. Este novo modelo non só non repara esta situación se non que responsabiliza á cidadanía no canto de reformar o modelo para facelo máis xusto. Isto incide aínda máis nas persoas vulnerables que verán aumentada a súa débeda coas compañías eléctricas, as cales non deixan de aumentar os seus beneficios ano a ano, todo iso nun contexto de crise económica.

Debemos presionar aos organismos institucionais para que aproben medidas que garantan un modelo  enérxetico máis xusto, que garantan un prezo da factura asumible e protexan ás persoas vulnerables coa prohibición definitva para o corte da luz.

1 https://www.facua.org/es/noticia.php?Id=16975
2 https://www.publico.es/economia/subida-luz-recibo-luz-junio-sube-270-respecto-factura-ano-anterior.html
3 https://www.expansion.com/economia/2021/06/21/60d0bf53468aeb6a308b4589.html
4 https://www.publico.es/economia/subida-luz-recibo-luz-junio-sube-270-respecto-factura-ano-anterior.html
5 https://www.facua.org/es/noticia.php?Id=16975
6 https://pobresaenergetica.es/es/quienes-somos/que-es-ape/

Interésache: