UN ESQUELETE, UN BARRIO BLINDADO E O G20

with 1 comentario

O pasado 29 de Outubro aterramos en Roma, no campamento habilitado para activistas no centro social Acrovax, para participar nas accións de resposta social do Cumio do G20 que se celebrou do 30 ao 31 de Outubro na capital italiana.

O Cumio do G20, que se celebrou a porta pechada reuniu unha vez máis axs líderes das principais potencias económicas do globo, para discutir asuntos de carácter económico e político nunha Roma blindada que dificultou a nosa chegada á “cidade eterna”.

O día 30 pola maña partimos, activistas polo clima de diversas organizacións reuníronse en Vía Cristoforo Colombo para realizar unha acción de bloqueo, posto que esta rúa é a principal vía de acceso ao barrio EUR onde tería lugar a celebración do cumio do G20. O barrio foi declarado zona vermella de máxima seguridade impedindo o acceso a calquera persoa allea ao evento. Finalmente a actuación policial rematou có bloqueo deixando a un lado axs activistas que puideron seguir coa concentración.

Finalmente ás 15 horas do día 30 unímonos á manifestación que partía dende a Pirámide (Piazzale Ostiense), encabezada por Fridays for Future compartimos o percorrido xunto a distintos colectivos sociais, partidos políticos e a cidadanía, coreando algúns lemas como: “De Roma a Glasgow as vosas solución son o problema” ou “Vos G20, nos futuro”.Xs activistas de ECOAR))) fomos caracterizados de esqueletes que representaban que o G20 é igual a morte e emerxencia climática. Na nosa faixa tamén se podía ler —Capitalismo é morte, #gustiziaclimática, #NONG20— en concordancia có sentir xeral da manifestación. Decenas de medios de comunicación internacionais e italianos deron cobertura á mobilización. Por outra parte a cidade estaba blindada con máis de 7000 efectivos entre policía e exército bloqueando as rutas que se desviaban do percorrido, finalmente ao chegar a Piazza della Bocca della Verità punto final, vímonos na obriga de regresar ao punto de inicio polo bloqueo policial.

Para o 31 de Outubro participamos como apoio a unha acción de Extinction Rebelion, cerca da Fontana di Trevi, no centro de Roma onde xs líderes do G20 celebraban un acto mediático. Catro activistas encadeáronse ao pescozo e suxeitaron mensaxes como: “Crise climática e ecolóxica” e “Os Gobernos fallaron”. Mentres tanto outro grupo de activistas forzou os límites do cordón policial para achegarse o máis posible axs líderes, finalmente termina o acto da Fontana e nos vamos sen máis incidentes.

Xs líderes do G20, que se reúnen de novo en Glasgow estes días, chegaron ao acordo de limitar a 1,5 graos a subida da temperatura global, pero os científicos advirten de que isto xa non é posible e que ademais ese compromiso sen folla de ruta ou medidas concretas son palabras baleiras, seguiremos mobilizándonos para construír un futuro mellor, “Somos imparables, outro futuro é posible!”

Interésache:

One Response

  1. […] UN ESQUELETE, UN BARRIO BLINDADO E O G20 Manual para Campañas Non-Violentas ASINA: POR UNHA PICADA XUSTA Destacados, Difunde, Todos os Artigos […]