CONFERENCIA MUNDIAL SOBRE A ESTRATEXIA CLIMÁTICA DOS POBOS

with 2 Comentarios
Acción Contra Repsol o pasado Xuño

Do 26 ao 28 de Xuño participamos nunha conferencia mundial climática a través da internet centrada en preparar novas estratexias e accións de fronte ao inminente COP26 que reuniu a varias decenas de organizacións de distintos continentes.

Coincidindo firmemente na idea de que atravesamos unha situación de Emerxencia Climática, as organizacións que participamos deste evento no que tiveron lugar varios días de plenarios ademais doutros eventos de formación e debate, puxemos o acento na articulación de accións globais que volvan poñer o foco na crise climática que ameaza as nosas vidas e as do resto de seres vivos do planeta.

Durante os plenarios puxemos en común as distintas accións e mobilizacións que terán lugar ao longo do presente e do próximo ano. Sobre a mesa puxéronse varias accións que teñen como obxectivo sinalar ás principais transnacionais culpables do cambio climático entre as que se atopan Total, Shell ou Pemex entre outras1.

En próximos plenarios terminaremos de pechar detalles da acción central e abriremos o camiño a novas conferencias para o próximo curso que está a piques de comezar e articularemos novas estratexias para protexer os nosos dereitos e o medio ambiente. Para estar ao día, síguenos en próximas publicacións.

1 http://www.pipartnergroup.com/las-12-empresas-mas-contaminantes-del-mundo/939/

Interésache:

2 Responses

  1. […] CONFERENCIA MUNDIAL SOBRE A ESTRATEXIA CLIMÁTICA DOS POBOS Manual para Campañas Non-Violentas ASINA : SALVEMOS O ÁRTICO! Destacados, Difunde, Todos os Artigos […]

  2. […] CONFERENCIA MUNDIAL SOBRE A ESTRATEXIA CLIMÁTICA DOS POBOS Manual para Campañas Non-Violentas ASINA: POR UNHA PICADA XUSTA Acción, Destacados, Todos os Artigos […]