REPSOL, SINALADA ANTE A EMERXENCIA CLIMÁTICA

with Non hai comentarios

O pasado día 21 convocadxs por Rebelión polo Clima démonos cita xunto a un centenar de activistas no centro de investigación de Repsol en Móstoles para participar dunha acción de bloqueo contra a transnacional, líder en emisións GEI do estado español, para denunciar a responsabilidade da empresa na crise climática e solicitar o cesamento das súas actividades fósiles canto antes, e non máis tarde de 2040.

Eliximos este centro de investigación porque a Repsol gústalle lavarse a cara a través do greenwashing, mentres que neste centro segue investigando tecnoloxías ligadas ás enerxías fósiles. Sen esquecer de que continúa as súas prácticas extractivistas en África e América.

Comezamos a acción ás 11:00 horas baixo o lema “Repsol, liderando maneiras de fritir o planeta”, accedemos ao teito da garita da entrada da sede facendo uso de tubos metálicos e tres trípodes de cinco metros colocados fronte á entrada. Paralelamente, despregouse un cordón humano de decenas de persoas por toda a zona.

Despois de que a policía desaloxase ás persoas que non estaban bloqueadas e á prensa, necesitaron a intervención do corpo de bombeirxs para baixar ás persoas colgadas dos trípodes. A acción terminou con 30 activistas detidxs e levadxs a comisaría.

Segundo datos do Observatorio de Sustentabilidade, Repsol emitiu en 2020 un total de 11.290.294 de toneladas de CO2 equivalente, o que representa un 12,4% das emisións totais do mercado de emisións1.

Dende ECOAR))) e xunto ao resto de organizacións e activistas climáticas esiximos a Repsol un plan de peche de todas as súas actividades fósiles para aliñarse cun escenario climático de 1,5º C, paralización de todas as liñas de investigación destinadas a alongar a vida dos combustibles fósiles ou que supoñan trampas para o clima ou o medio ambiente, peche inmediato de todos os proxectos nos que existan sospeitas de violacións de dereitos humanos e o cesamento da súa campaña de greenwashing e a retirada de fondos públicos. Non hai planeta B, nin un grao máis nin unha especie menos!!

1 https://www.observatoriosostenibilidad.com/2021/04/19/descarbonizacion-2021-en-europa-espana-y-comunidades-autonomas/

Interésache: