COP25: UNHA NOVA OPORTUNIDADE PERDIDA
with Non hai comentarios

O pasado 15 de Decembro, tras unha prórroga de 2 días, fechou a XXV Conferencia dos países membros da Convención-Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COP25) que resultou ser, unha vez máis, unha oportunidade perdida para atallar o problema climático actual. Acadouse, tras unhas duras negociacións, un acordo de mínimos para salvar o Acordo de París, que non responde ás demandas expostas pola sociedade civil e a comunidade científica. O documento aprobado in extremis co nome de “Chile-Madrid, … Ler máis

COP25: MARCHA POLO CLIMA ARRINCA O CUMIO SOCIAL
with Non hai comentarios

O pasado día 6 de Decembro arrincaba a Marcha Polo Clima na que milleiros de persoas de todas as partes do mundo, percorremos as rúas de Madrid para esixir xustiza climática, dando así luz verde ao Cumio Social polo Clima, un evento no que están programados máis de 300 actos de diversa indóle polas diversas organizacións que participamos no tamén chamado Cumio dos Pobos. A marcha convocada por Fridays for Future, Alianza por el Clima, Alianza por la Emergencia  Climática, … Ler máis

COP25: SALVAR O ACORDO DE PARÍS
with Non hai comentarios

O pasado 2 de Decembro arrincou o Cumio do Clima (COP25). Co obxectivo de acadar un escenario de mitigación global, xs líderes mundiais reúnense nun cumio esencial para manter por debaixo dos 1,5º C a subida de temperatura do planeta. É a derradeira reunión para salvar o Acordo de París previsto para aplicarse en 2020. O cumio, finalmente ten lugar en Madrid do 2 ao 13 de Decembro, posto que Chile renunciou, debido ás protestas sociais que enfronta o executivo … Ler máis

COP25: PROTEXER A BIODIVERSIDADE ANTE A CATÁSTROFE CLIMÁTICA
with Non hai comentarios

Do 2 ao 13 de Decembro terá lugar no IFEMA en Madrid o Cumio do Clima (COP25) no que se darán cita máis de 25.000 representantes de 200 países co obxectivo de acadar acordos e compromisos entre as nacións para paliar os efectos do cambio climático. ECOAR))) participará xunto a decenas de organizacións diversas no Cumio Social Polo Clima que terá lugar de forma paralela e persegue como horizonte presionar para protexer a biodiversidade e os Dereitos Humanos ante a … Ler máis

ARRANCA A REBELIÓN POLO CLIMA: TOMAR A PONTE
with Non hai comentarios

O pasado día 7 de Outubro máis de 300 activistas de diversos colectivos, integrados na plataforma Rebelión Polo Clima e Extinction Rebellion, tomamos a Ponte de Novos Ministerios na cidade de Madrid co obxectivo de esixir políticas reais e efectivas na loita contra o cambio climático, nunha acción do que sería o arranque dunha xornada de desobediencia civil que está tendo lugar en distintas partes do globo. A plataforma 2020: Rebelión Polo Clima integrámola colectivos de diversa índole e sensibilidade … Ler máis

CAMP IN GÁS: UN NOVO PASO CARA Á ESCALADA DE ACCIÓN
with 1 comentario

Este sábado 20 de xullo rematamos con éxito unha nova acción de desobediencia civil xunto a activistas chegadxs de diversos puntos de Europa que estamos fondamente convencidxs da necesidade de facer fronte a todos aqueles proxectos de enerxías fósiles sexa como sexa, e de camiñar cara á realización dunha transición enerxética rápida e xusta.  O marco, desta volta, eran os terreos que a empresa Australis Oil & Gas ten en Bajouca (Portugal) para facer unha explotación de gas. A loita … Ler máis

ECOAR))) PARTICIPA NO VINDEIRO CAMP IN GAS
with 1 comentario

Camp in Gas é unha acampada que terá lugar en Bajouca (Leiria, Portugal), dos días 17 a 21 de xullo de 2019, na cal participará ECOAR))). O obxectivo é facer unha acción masiva no terreo onde está previsto o inicio de próximas prospeccións na procura de gas. Con esta acción diremos NON á prospección e exploración de gas e berraremos cunha soa voz por un planeta libre de extracción de combustibles fósiles. A ciencia dinos que o clima non pode … Ler máis

ENDE GELÄNDE: A URXENCIA DA FIN DAS ENERXÍAS FÓSILES
with 2 Comentarios

Vimos de rematar a acción de Ende Gelände que, por quinto ano consecutivo, vén de mobilizarse en Alemaña a través dunha grande acción de desobediencia civil, que ten como propósito denunciar a urxencia de poñerlle fin ao uso de enerxías fósiles. Tras as diversas xuntanzas e formacións que tiveron lugar no campamento temporal instalado preto da mina de RWE, finalmente o venres 21 de Xuño, 4.000 activistas partimos dende o campamento en Viersen para bloquear os campos mineiros en Renania. … Ler máis

2000 ACTIVISTAS PARA BLOQUEAR A MINA DE GARZWEILLER
with 3 Comentarios

O día 22 de xuño moi cedo, facendo parte do “golden finger” saímos baixo escolta da policía alemá, xunto a máis de 2000 activistas atravesamos a poboación de Hochneukirch con dirección a Garweiller, co obxectivo de bloquear a mina a ceo aberto propiedade de RWE. Garzweiler, que cobre 48 quilómetros cadrados, subministra lignito ás centrais eléctricas da rexión. Segundo un estudo de 2014, realizado por Carbon Market Data, RWE emite o 0,5 por cento das emisións globais de dióxido de … Ler máis

ENDE GELAENDE: INICIAMOS A ACCIÓN!
with 1 comentario

Hoxe damos un paso máis para facer fronte ás políticas que buscan o máximo beneficio a través de esganar o planeta. Hoxe, de novo, iniciamos a loita en Renania. Activistas chegadxs dende diversos puntos de Europa reunímonos en Viersen e organizámonos para poder bloquear a produción da central de lignito de RWE. A primeira hora da mañá empezaron a actuar xa os primeiros grupos de activistas. O finger verde conseguiu bloquear as vías do tren que chega ata a central … Ler máis

1 2 3