A CARAVANA ZAPATISTA ESTIVO EN VIGO

with Non hai comentarios

O pasado martes 22 de xuño desembarcou no porto de Vigo o primeiro grupo da delegación zapatista da “Xira pola vida”1, unha viaxe do Exército Zapatista de Liberación Nacional a través dos cinco continentes, coa idea de “realizar encontros, diálogos, intercambios de ideas, experiencias, análises e colaboracións entre quen nos atopamos empeñados na loita pola Vida”2O primeiro grupo en vir, o Escuadrón 421, está integrado por 7 persoas, aínda que a delegación completa estará composta por 160 persoas, a maioría mulleres, e irá vindo posteriormente.

Ao Escuadrón 421, integrado por unha persoa transxénero, tres mulleres e tres homes, foi recibidoa, nun ambiente festivo con música tradicional galega e danza, por decenas de activistas, entre aplausos e berros de “Zapata vive, a loita segue!”3. Marijose, a muller trans da delegación, que foi a primeira en desembarcar, declarou no seu discurso: “o nome desta terra, á que chaman agora Europa, de aquí en diante chamarase: SLUMIL K´AJXEMK´OP, que quere dicir “Terra Insumisa”.  E así será coñecida por propixs e estrañxs mentres haxa aquí lalguén que non se renda, que non se venda e que non claudique”.

Tras 10 anos organizándose e adestrando na Selva de Lacandona, o Exército Zapatista de Liberación Nacional xurdiu en 1994 cando un grupo de indíxenas armadxs tentaron ocupar sete cabeceiras municipais o mesmo día que entraba en vigor o Tratado de Libre Comercio de América do Norte4. Con ese xesto de resistencia defendían a autonomía das comunidades indíxenas. Os seus reclamos de “traballo, terra, teito, alimentación, saúde, educación, independencia, liberdade, democracia, xustiza e paz” seguen sendo vixentes na medida en que non foron acadadas as súas demandas e continúan os ataques do goberno cos seus secuaces paramilitares para acosar á poboación insurxente5.

O grupo de zapatistas ven viaxando dende maio e acadou as illas Azores, en Portugal, o 12 de xuño. Esa fin de semana delegacións de Alemaña, Brasil, Colombia, Francia, Grecia, Irán, Italia, Marrocos, Portugal, Suecia, Suíza, Andalucía, Asturias, Cataluña, Castela e León, Madrid, Murcia, País Vasco e Valencia celebraron eventos en toda a costa para conmemorar a chegada do barco “A Montaña”. A caravana  zapatista realizará un percorrido por máis de 30 países onde se atopará con movementos sociais dos cinco continentes.

1 https://desinformemonos.org/desembarcan-zapatistas-en-vigo-y-renombran-europa-como-tierra-insumisa/
2 https://www.goteo.org/project/gira-zapatista-europea-2021
3 https://elpais.com/mexico/2021-06-22/el-escuadron-421-del-ejercito-zapatista-desembarca-en-galicia-para-iniciar-su-gira-por-europa.html
4 https://elordenmundial.com/el-movimiento-zapatista/
5 https://www.elsaltodiario.com/alkimia/tras-27-anos-de-zapatismo-viajaran-a-la-europa-de-abajo-y-a-la-izquierda-en-el-verano-de-2021

Interésache: