Adherirse Máis información
ASINA: POR UNHA SAÍDA XUSTA DESTA CRISE

QUE?

Unha campaña de recollida de firmas para presionar ao goberno español co fin de apostar por solucións á crise que oprimen ás persoas e a saúde do planeta.

QUEN?

Greenpeace recolle sinaturas para exercer presión aos gobernos do planeta. Calquera persoa pode asinar a petición a nivel individual.

COMO?

Asinando a través da páxina de Greenpeace.

ONDE?

A campaña de Greenpeace é de ámbito internacional e busca presionar aos gobernos de todo o mundo.

CANDO?

Dende agora mesmo xa se pode asinar. Non se especifica unha data de finalización.

CANTO?

Non hai límite de sinaturas para esta campaña.

POR QUE?

Estamos a vivir un dos momentos máis duros da historia recente, e como afrontemos a saída desta crise marcará o noso futuro. A prioridade do Goberno debe ser protexer ás persoas máis vulnerables e o noso futuro.

En 2008, os gobernos elixiron salvar a bancos e industrias contaminantes antes que ás persoas ou ao medio ambiente. Non se puxeron condicións ás enormes cantidades de diñeiro dese rescate. Non podemos cometer o mesmo erro nesta crise. Necesitamos unha economía que funcione para todo o mundo, e tamén para o planeta.