Adherirse Máis información
PRESIONA: BANCA ARMADA

QUE?

Campaña contra a banca que inviste en empresas armamentísticas e a favor das finanzas éticas.

QUEN?

A campaña vai dirixida contra as entidades financeiras que financian de forma directa ou indirecta empresas dedicadas á fabricación de armas e maquinaria de guerra. É impulsada por diferentes organizacións relacionadas coas finanzas éticas, a paz e o  antimilitarismo baixo o nome de Campaña Banca Armada.

COMO?

A campaña busca que xs clientes da banca pasen á acción presionando a través de cartas ás entidades ou cambiando de entidade a unha que se dedique as finanzas éticas ou que polo menos non financie a industria das armas.

ONDE?

A campaña encádrase en todo o territorio do Estado español.

CANDO?

Dende que se lanzou a campaña e sen tempo de finalización determinado.

CANTO?

A cantidade de cartos que a banca inviste en empresas armamentísticas ascende a máis de 95.000 millóns de dólares só no Estado español, incluíndo as principais entidades financeiras coñecidas. A campaña non ten límite en números, búscase acadar o maior número de accións.

POR QUE?

As entidades financeiras que se  lucran dos nosos depósitos apoian cos seus fondos a empresas que fan caixa co sufrimento alleo de países en guerra como Iemen, Siria, Iraq… Este tipo de prácticas vai en contra dos dereitos humanos e son en xeral pouco coñecidas pola cidadanía, por iso é preciso visibilizalas.

Ademais de buscar que as empresas armamentísticas non poidan producir novas armas, tamén existe como obxectivo promover entidades que invistan na súa contorna e en proxectos que busquen un mundo máis xusto e un modelo alternativo de defensa do medio ambiente e os dereitos humanos.