DECLARACIÓN DE REBELIÓN: EXTINCTION REBELLION
QUEN?
Persoas que no estado español se suman á rebelión internacional non-violenta contra a extinción de especies e as crises ecolóxica e existencial. Son parte de Extinction Rebellion, movemento xurdido no Reino Unido, impulsado por RiseUp, que está a extendenderse por numerosos países, conformando unha rede coordinada internacionalmente.
COMO?
Extinction Rebellion procura unha rebelión mundial non violenta que constrinxa aos poderes políticos e económicos para que adopten as medidas necesarias e urxentes que eviten o colapso da nosa civilización e dos ecosistemas terrestres e mariños. Para acadalo hai que:
- Organizarse democraticamente, de forma inclusiva e non violenta, garantindo o acceso e participación nas discusións a toda a diversidade de persoas.
- Coordinar esforzos, de tal forma que todas as accións de desobediencia civil teñan lugar simultaneamente nas capitais dos Estados e alá onde floreza Extinction Rebellion [XR].
ONDE?
A presente declaración é de ámbito español. A rebelión é global, pois a todxs nos afecta.
CANDO?
Esta rebelión comeza o día 15 de abril de 2019 e ten unha duración indefinida, até que os poderes económicos e políticos acepten tomar as medidas necesarias para atallar a crise climática.
CANTO?
Dado que esta crise sen precedentes afecta a todas e cada unha das persoas do planeta, e que esta rebelión busca ser inclusiva, non hai límite de persoas que desexen sumarse.
POR QUE?
Os nosos gobernos e poderes económicos cometen unha neglixencia criminal ao non abordar coa suficiente urxencia a crise ecolóxica á que nos enfrontamos; unha crise que, segundo a opinión case unánime da comunidade científica internacional, non só pode levar á extinción de millóns de especies animais e vexetais, senón tamén á da propia especie humana. A presión para que estas medidas sexan por fin adoptadas é moi necesaria.