Adhere More information

 

ASINA: DEREITOS PARA AS PERSOAS, REGRAS PARA AS CORPORACIÓNS

 

QUE?

Recollida de sinaturas para paralizar na UE os acordos de comercio e inversión que inclúan un sistema global de tribunais privados das transnacionais (ISDS).

 

QUEN?

Unha alianza de máis de 200 organizacións europeas, sindicatos e movementos sociais que traballan para poñer fin á impunidade corporativa das empresas transnacionais e en contra do ISDS (o mecanismo de solución de controversias entre inversores e Estados, que é un sistema de xustiza paralelo, unilateral e a favor das empresas transnacionais).

 

COMO?

A través desta recollida de sinaturas, que pretende chegar ao millón en toda a UE, procúrase exercer presión sobre a clase política deixando en evidencia o negativa que sería a aprobación do ISDS para as persoas e para o medio ambiente. En troques, a pretensión é que saia adiante o borrador dun Tratado Vinculante das Nacións Unidas, que ten unha forte oposición por parte das empresas, así como sacar adiante distintas leis de responsabilidade corporativa.

 

ONDE?

Na UE. A carta coa recollida de sinaturas vai dirixida ao Presidente da Comisión Europea, á Presidencia do Consello da UE, aos/ás representantes dos Estados Membro da UE e a membros do Parlamento Europeo.

 

CANDO?

Dende o 22/01/2019 e ata acadar 1.000.000 de sinaturas.

 

CANTO?

O obxectivo é chegar ao millón de sinaturas. Poden asinar activistas e persoas individuais.

 

POR QUE?

O ISDS, abreviatura de “Arbitraxe de diferencias inversor-Estado” é un sistema de xustiza paralelo opaco ao que só teñen acceso xs máis enriquecidxs.

As empresas transnacionais teñen utilizado este sistema para ameazar con demandas de miles de millóns de euros aos gobernos que lles fan fronte. A regulación dos niveis de contaminación das centrais térmicas de carbón ou a subida do salario mínimo son dous exemplos de leis que foron cuestionadas polos ISDS.

Este é un sistema inxusto e antidemocrático que pon por diante os intereses das transnacionais en prexuízo dos das persoas.