Adherirse Máis información
ASINA: EEUU DEBE RETIRAR OS CARGOS CONTRA ASSANGE

QUE?

Recollida de sinaturas para esixir a EEUU a retirada de cargos contra Julian Assange.

QUEN?

Foi lanzada por Amnistía Internacional, unha ONG para a defensa dos dereitos humanos, centrada nos dereitos politico-civís, que actúa a nivel internacional. Julian Assange é un activista e xornalista que saltou á fama polas filtracións da organización  wikileaks.

COMO?

A recollida de firmas pretende paralizar a extradicción de Assange, garantir os seus dereitos humanos e que se lle permita saír a un país seguro onde non se proceda ao seu arresto ou extradición.

ONDE?

Assange está encarcerado na prisión Belmarsh no sueste de Londres, onde espera a decisión sobre a súa extradición. A recollida de firmas é unha campaña internacional.

CANDO?

Dende agora até o 4 de Xaneiro de 2021, data na que o xuíz británico tomará a decisión sobre a extradición.

CANTO?

Búscase conseguir o máximo apoio posible. Pode asinar calquera persoa individual.

POR QUE?

Assange enfróntase a 18 cargos nos Estados Unidos baixo a Lei de Espionaxe, polos que se lle podería condenar a 175 anos de prisión. A publicación dos documentos clasificados sobre operacións militares foi claramente de interese público, e non un acto de espionaxe. EEUU busca “dar exemplo” mediante Assange para poder seguir actuando con impunidade. Non podemos deixar que sente este precedente.