Adherirse Máis información
ASINA: LEGALIZAR O INTERCAMBIO DE ARQUIVOS

QUE?

Iniciativa para legalizar o intercambio en redes dixitais, para uso persoal e sen ánimo de lucro, de arquivos de materiais protexidos por dereitos de autor/a.

QUEN?

Trátase dunha Iniciativa Cidadá Europea chamada “Freedom to Share”, formada por diversas organizacións. Calquera habitante de Europa pode participar.

COMO?

A través da sinatura da iniciativa cidadá europea na web da organización, tamén se necesita difusión da iniciativa, contribución para a organización da campaña a partir da subscrición nun formulario, axuda nas traducións ou doazóns de diñeiro.

ONDE?

É unha campaña de ámbito internacional europeo. A web https://freesharing.eu/ indica como facer para participar.

CANDO?

A campaña non ten un final estipulado, e comezou o 15 de Maio de 2020.

CANTO?

Até onde desexemos implicarnos na campaña (nos seus diferentes ámbitos) ou o que poidamos doar. Non hai unha cantidade especificada.

POR QUE?

Para incrementar a compartición, e por tanto a difusión, de obras de creación (ou outros contidos) e da cultura; para ter a liberdade de acceder a obras de creación sen ningunha suxeición a mecanismos de control, con miras a lograr un equilibrio entre os dereitos dxs autorxs e outrxs titulares de dereitos e o dereito universal á ciencia e a cultura.