Adherirse Máis información

 

 

ASINA: POÑAMOS FREO AOS ABUSOS LABORAIS NO MUNDIAL DE FÚTBOL DE QATAR

QUE?

Trátase dunha campaña de firmas contra os abusos laborais na preparación do Mundial de Qatar 2022.

QUEN?

Aínda que os que pousan diante das fotos son futbolistas famosos, para que un mundial poida saír adiante, miles de  obrerxs   chegados de África e Asia (que supoñen o 95% da man de obra de Qatar) traballan xornadas inacabables para que a infraestrutura estea lista para o evento. A campaña afecta a  estxs  obreirxs e vai contra o Goberno de Qatar e a FIFA por violar e permitir a violación dos dereitos destas persoas.

COMO?

Mediante unha campaña de recollida de firmas na web de Amnistía Internacional.

ONDE?

A campaña sitúanos en Qatar, onde acoden miles de  migrantes a facer todo tipo de traballos para que o mundial póidase levar a cabo. A campaña atópase no espazo web de Amnistía Internacional e pódese asinar desde calquera país para dar apoio.

CANDO?

Desde xa e ata que se poña fin aos abusos laborais.

CANTO?

Precisar o número de persoas afectadas por estas malas condicións laborais é complicado, xa que moitas desas persoas nin sequera figuran como traballadoras, é dicir fano de maneira irregular e sen contrato. En canto ao número de firmas non existe un límite establecido. O obxectivo marcado actualmente son as 20.000 firmas.

POR QUE?

Millóns de persoas de Asia e África chegaron   a Qatar en busca dun futuro mellor. Son o 95% da man de obra  do país e están a construír os estadios, as estradas ou o  metro. Cando comece o torneo, atenderán aos xogadores e ás  afeccións en hoteis, restaurantes, transportes, etc. de todo Qatar.

 

Miles de persoas perderon a vida como consecuencia das condicións de traballo lamentables, que inclúen xornadas laborais interminables,  ao aire libre e soportando altísimas temperaturas. Condicións que violan os Dereitos Humanos en materia laboral. Ademais, as súas mortes non foron investigadas, algo que pon de relevo como as autoridades  qataríes están a abandonar o seu deber de vixiar o cumprimento dunhas condicións laborais adecuadas,  convertíndose en  cómplices da perdida de vidas. Tamén están a negar ás familias  afectadas o seu dereito a un recurso efectivo, e deixándoas con dolorosas  preguntas sen responder.

A FIFA ten a clara responsabilidade de actuar, pero a realidade é que os traballadores de todo Qatar seguen sendo obxecto de explotación. Por iso debemos tomar medidas urxentes que garantan unhas condicións dignas para  todxs  xs  traballadorxs que participan na organización da Copa do Mundo, e esixir publicamente a Qatar que  aplique urxentemente reformas para que quen tanto contribúen ao  torneo poidan cumprir os seus propios soños dunha vida digna para  elxs e  as súas familias.

Neste Mundial de Qatar 2022 toca cambiar as regras de xogo.