ASINA: REGULARIZACIÓN DAS PERSOAS MIGRADAS!
QUE?
Recollida de sinaturas para a regularización das persoas migradas en España.
QUEN?
Lanzado pola plataforma de defensa dos dereitos das persoas migradas Obrim Fronteres, busca presionar ao executivo de España. Calquera persoa ou organización pode sumarse.
COMO?
Esísexe:
- Empadroamento de oficio a todas as persoas que vivan no municipio.
- A regularización con permiso de traballo sen necesidade de contrato de traballo.
- A concesión de autorización de traballo sen necesidade de contrato aos/ás mozxs ex-tuteladxs con permiso de residencia.
- Recoñecemento de inmediato da condición de refuxiadas, e o pase directo á autorización de residencia en igualdade de condicións co resto de persoas migradas.
- Aplicación do art. 127 [“cando concorran razóns de interese público ou de seguridade nacional…”] entendendo que é de interese público e social garantir os dereitos de toda a cidadanía pasando por regularizar ás persoas que están en situación administrativa irregular.
ONDE?
A campaña céntrase no Estado español.
CANDO?
Dende xa e até que remate a pandemia ou a situación de perigo sanitario.
CANTO?
Búscase conseguir o máximo apoio posible. Pode asinar calquera persoa individual e todo tipo de organizacións.
POR QUE?
As persoas migradas teñen difícil acceso á sanidade pública debido á falta de padrón ou tarxeta sanitaria. Estas persoas, ademáis das trabas para o acceso a dereitos básicos como a sanidade, vense na obriga de traballar xeralmente na economía mergullada co cal non cabe posibilidade de ERTE, acceso a paro ou calquera outra cuestión relacionada, o cal xs converte en persoas de especial vulnerabilidade de cara ao confinamento.