Adherirse Máis información
ASINA: SOS SUÍDO SEIXO-MINA ALBERTA NON
QUE?
Aínda que o obxectivo orixinal era a recollida de sinaturas para que a Xunta de Galicia someta o proxecto mineiro “Alberta I” ao procedemento de Avaliación Ordinaria de Impacto Ambiental e que cumpra e faga cumprir todos os requisitos esixidos pola normativa vixente. Continuase a recollida co obxectivo de amosar o rexeitamento de calquera proxecto futuro que non cumpra coa normativa medioambiental.
QUEN?
Lanzado por SOS Suído-Seixo, unha plataforma formada para evitar a minería aberta nas serras de Suído e Seixo. O proxecto mineiro foi iniciado pola empresa Recursos Mineiros de Galicia S.A.
COMO?
Mediante a campaña de recollida de sinaturas pretenden visibilizar a apertura da mina, alertar dos seus posibles efectos na contorna natural da serra e forzar á administración para cumprir a normativa vixente.
ONDE?
A mina abrirase en Doade (Beariz) e podería afectar os municipios de Avión, Beariz, Forcarei, A Lama e Cerdedo-Cotobade. A recollida de sinaturas ten lugar na páxina web Change.org.
CANDO?
Dende agora até a paralización do proxecto de minería aberta “Alberta I”.
CANTO?
Búscase conseguir o máximo apoio posible. Pode asinar calquera persoa individual.
POR QUE?
A explotación mineira non foi sometida a unha avaliación do impacto ambiental, a pesar de cumprir os requisitos para iso. A información proporcionada foi escasa e difícil de acceder para xs veciñxs. A minería afectará á montaña, aos seus valores naturais e culturais e a moitas localidades, pola perda de mananciais, o tráfico pesado ou polas continuas detonacións de explosivos. Unicamente tense en conta o beneficio económico futuro do concesionario.