Adherirse Máis información

 

Manifesto: Alianza Global por un Tratado Vinculante

QUEN?

Distintas organizacións sociais e persoas de diversa índole ao longo de todo o planeta conforman a Alianza por un Tratado Vinculante. Entre xs asinantes atópanse: CETIM, CIDSE, Dismantle Corporate Power Campaign, ECOAR))), FIAN, FIDH, Franciscans International, Friends of the Earth International, IBFAN-GIFA, Indonesia Global Justice,International Commission of Jurists, Legal Resources Center, PAN AP, Transnational Institute, TUCA…

COMO?

O Grupo Intergobernamental de Traballo sobre Empresas Transnacionais e Outras Empresas con relación aos dereitos humanos, traballa co fin de desenvolver un instrumento xurídico vinculante que defenda e asegure o cumprimento de distintos marcos de conduta ética e moral por parte das transnacionais en todos aqueles aspectos nos que as persoas e ás comunidades se vexan afectadas.

Para iso abriuse a posibilidade de asinar unha declaración conxunta, tanto como organización como a título individual, co obxectivo de solicitar o máximo apoio na defensa dos Dereitos Humanos fronte aos intereses das grandes transnacionais.

ONDE?

O impacto dun tratado que regule os abusos das corporacións transnacionais é de escala internacional. A globalización actual e a actividade das transnacionais non poden entenderse a unha sen a outra.

CANDO?

Colaborar coa “sinatura da declaración” pode ser unha acción inmediata, posto que a recollida de sinaturas permanece aberta no sitio correspondente. O grupo de traballo sobre corporacións transnacionais realizará a súa vinteira sesión entre o 23 e o 27 de outubro de 2017 para iniciar a negociación dos contidos e alcance do instrumento xurídico.

CANTO?

A Alianza Global por un Tratado Vinculante busca o maior número de apoios posibles. Cada sinatura conta á hora de demostrar aos diferentes gobernos participantes  o rexeitamento dos abusos que cometen as transnacionais contra as persoas e o planeta.

POR QUE?

Os abusos realizados por parte das corporacións transnacionais supoñen, entre outras cuestións, unha continua violación dos dereitos fundamentais das persoas e as comunidades, ao mesmo tempo que se pon en serio perigo o equilibrio dos ecosistemas. Estas prácticas nocivas prodúcense arredor de todo o planeta e crecen de maneira progresiva, pois as transnacionais gozan de total impunidade, acolléndose á inexistencia dun marco lexislativo global a través do cal poidan regularse as súas actividades.