Adherirse Máis información
PRESIONA: DI A AMAZON QUE RESPECTE O DEREITO A SINDICARSE
QUE?
Envío masivo de emails para presionar a Amazon para que respecte o dereito fundamental de sindicarse aos/ás seus/súas traballadorxs.
QUEN?
A iniciativa é de Amnistía Internacional. Calquera persoa pode participar a titulo individual, afecta aos/ás traballadorxs de Amazon cuxo dereito a sindicarse é sitematicamente violado pola empresa Amazon.
COMO?
Os emails envíanse dende un formulario na web de Amnistía Internacional. Están dirixidos a Jeff Bezos, o director executivo, que di ler persoalmente o correo que chega á súa caixa de correos.
ONDE?
É unha campaña de ámbito internacional, destinada a exercer a maior presión posible sobre a empresa para garantir os dereitos dxs seus/súas traballadorxs.
CANDO?
A campaña non ten un final estipulado. Pódese participar neste mesmo instante.
CANTO?
Non hai unha cantidade mínima. Por cada formulario cumprimentado, enviarase unha carta ao correo persoal de Jeff Bezos.
POR QUE?
Porque Amazon ataca e intimida aos/ás traballadorxs, tentando asegurarse de que non melloren as súas condicións laborais, e para iso vixía grupos privados de traballadorxs da empresa, castiga ou despide a quen expresa en voz alta as súas malas condicións laborais e inviste centos de miles de dólares en tecnoloxías destinadas a vixiar a “ameaza sindical”.
Porque Jeff Bezos, que viu os seus beneficios incrementarse durante a pandemia e se converteu na persoa máis rica do mundo, sabe ben que os seus beneficios dependen da precariedade dxs seus/súas empregadxs, e quere asegurala impedindo que se organicen.
Porque segundo o dereito internacional, todo ser humano pode organizarse, formar sindicatos e unirse a eles.