OS BARRIOS CONTRA O FASCISMO

with Non hai comentarios

Nun momento como o actual no que a ultradereita aproveita o contexto de crise para  azuzar o medo ao diferente e que partidos como Vox gañan votantes en cada nova elección1, resulta necesario lembrar os movementos de loita contra o fascismo e os seus logros á hora de frealo, sobre todo agora que o temos recente co fracaso do mitin de  Vox en Vallecas grazas á acción veciñal.

O acto de  Vox en Vallecas, concertado o pasado día 7 de Abril, recibiu desde o inicio un forte rexeitamento entre  xs  veciñxs, con convocatorias de manifestacións antifascistas durante o mesmo día2 co lema de “O barrio é noso”. A pesar de que Máis Madrid, Unidas Podemos e o PSOE desmarcáronse do evento pedindo “non caer en provocacións”3, miles de  veciñxs apareceron para boicotear o acto. Abascal chegou a saltar o cordón policial sen ningún impedimento da policía para increpar directamente a xs manifestantes4, en vista do seu fracaso en lograr conflito doutro xeito. O evento acabou con detencións e cargas policiais contra quen se manifestaba, pero non sen que o acto fracasase tanto para transmitir a súa mensaxe de odio como para declararse “vítimas”.

No barrio de  Usera en Madrid, cun 30% de poboación inmigrante, ante o discurso da ultradereita que vinculaba a inmigración con problemas  endémicos do barrio como a sucidade ou a delincuencia5, 37 asociacións distintas decidiron reaccionar contra a xenofobia, aproveitar o día internacional da tolerancia en 2018 e difundir folletos e adhesivos co  hashtag # UseraConvive6, montando mesas informativas para falar a  xs  veciñxs do barrio e desfacer as mensaxes racistas. Sen dúbida, este labor de formiga dos colectivos veciñais está detrás das “picadas” de  Vox nos seus mitins na zona7.

Algúns dos casos máis interesantes xorden en Cataluña, co colectivo Unitat contra o  Feixisme8, fundado inicialmente en 2010 para frear a Plataforma per Catalunya9, un partido de ultradereita  identitaria que logrou unha gran vitoria electoral nas eleccións de 2007, logrando 17 rexedores10. Grazas á acción coordinada do colectivo en cada evento deste partido, púidose deter o seu ascenso e finalmente desapareceu en 2015, fundíndose nunha coalición co Partido pola Liberdade e España 2000 que só obtivo 722 votos11. Outros logros importantes da loita antifascista veciñal en Barcelona foron o peche do casal de ultradereita  Tramuntana12 ou o da librería negacionista do Holocausto Europa13.

É o medo ao diferente o que dá ás ao fascismo para lograr os seus obxectivos, e a información desde a mesma rúa é unha maneira efectiva de facerlle fronte, como así o demostraron en Nou  Barris en Barcelona ao lograr que unha veciñanza contraria á construción dunha mesquita aprendese a convivir en diversidade14. Agora máis que nunca, ante a crise que se aveciña e que partidos como Vox utilizarán para nutrirse do medo e a desinformación, os movementos veciñais son unha baza moi necesaria para frear o ascenso da ultradereita. O barrio é noso!

1 https://www.elplural.com/politica/la-prensa-internacional-asustada-con-el-ascenso-de-vox_207455102
2 https://www.elindependiente.com/espana/madrid/2021/04/07/ultras-del-rayo-antifas-y-organizaciones-vecinales-quieren-sabotear-el-acto-de-vox-en-vallecas-el-barrio-es-nuestro/
3 https://www.elsaltodiario.com/opinion/foto-santiago-abascal-no-queria-acto-vox-vallecas
4 https://www.elsaltodiario.com/cronica/guillermo-martinez-cronica-acto-vox-vallecas-elecciones-autonomicas-fotografias
5 https://elpais.com/ccaa/2018/10/20/madrid/1540067338_233929.html
6 https://elpais.com/ccaa/2018/12/07/madrid/1544221827_583657.html
7 https://www.elplural.com/autonomias/doble-pinchazo-vox-orcasitas-publico-disturbios_264237102
8 https://unitatcontraelfeixisme.files.wordpress.com/2013/03/quc3a9-es-ucfr_bn.pdf
9 https://web.archive.org/web/20140627215627/http://www.plataforma.cat/
10 https://www.icps.cat/archivos/WorkingPapers/wp274.pdf?noga=1
11 https://espana2000.es/2016/04/25/la-federacion-respeto-recibe-el-apoyo-de-la-lider-tatjana-festerling-pegida/
12 https://www.lavanguardia.com/local/barcelona/20150524/54431839692/casal-tramuntana-neofascismo-anuncia-cierre.html
13 https://www.publico.es/politica/capitulo-final-libreria-europa-centro.html
14 https://www.youtube.com/watch?v=jqsuY96JIQI

Interésache: